I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 359 [= LPGP 528-529]); Lopes (2002: 248); Littera (2016: I, 620); Arias Freixedo (2017: 244).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 351-352); Braga (1878: 193); Machado & Machado (1960: VII, 114).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 226); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 145).
7 vos] uos V 11 dig’a De[u]s] digades V
1 pero sen gramilho] pera Don Gramilho Lapa, Lopes, Littera 2 Porta do Ferr’] porta de ferr’ Lapa 4 ricome] ric’home Lopes, Littera 7 mi] me Lapa, Lopes, Littera, Arias Freixedo 8 ricome] ric’home Lopes, Littera 9 [e parentes chegados non tevesse] Lapa, Lopes, Littera : [e filh’ou filha de meu non tevesse] Arias Freixedo 14 bõa] boa Lapa, Lopes, Littera, Arias Freixedo; meosventura] meos ventura Lopes, Littera 15 grav’e] grave Lapa, Lopes
(I) É un moi bo partido para casar, pero sen caravilla, na Porta do Ferro, unha tendeira; e direivos como e por que o é: para un rico-home que non pode ter fillo nin filla, poderao facer con aquela que fai un fillo cada mes.
(II) Dígovos que eu, se fose rico home ou tivese moita riqueza [...] a quen deixar o meu diñeiro e a miña herdanza, casaría —perante Deus digo a verdade— con aquela que empreña cada mes.
(III) E sería certamente un grave prexuízo e dano para min, abofé, e mingua da miña sorte, e un infortunio sen medida, se despois de eu casar con tal muller ela non empreñase de min unha vez, pois empreña doce veces ao ano.
Esquema métrico: 10’a 10’b 10’b 10c 10c 10’a (I [= RM 189:24]) + 10’a 10’b 10’b 10’c 10’c 10’a (II-III [= RM 189:27])
Encontros vocálicos: 10 mia‿er·da·de
Foi Aurelio Roncaglia quen recuperou o texto orixinal pero sen gramilho da cantiga (cfr. a lectura inicial pera Don Gramilho de Lapa, seguida en Lopes e mantida aínda en Littera) a partir da documentación de gramilho na lingua (Roncaglia 1986: 21-25). Efectivamente, o hápax gramilho, sinónimo de ‘ferrollo’ para Roncaglia, é definido nos Apontamentos acerca do Falar do Baixo-Minho como “fecho interior, em forma de arco de círculo, articulado numa das extremidades, que prende o cravelho para impedir que, manejando a aldraba ou outra alavanca exterior, este possa abrir-se da parte de fora” (Sequeira 1957: 152)1
.
Posteriormente, Ângela Correia (2010a) propón unha emenda para o primeiro verso (Bon casament’á, pero sen gran milho) e asocia o milho ao alimento das galináceas, de modo que o sentido literal da cantiga sería o seguinte: «mesmo que não tenha grande quantidade de milho, uma galinha seria um bom casamento para um nobre com dificuldade em procriar, porque, pondo diariamente ovos, o nobre teria diariamente a possibilidade de conseguir un herdeiro» (2010a: 143). Así, a editora e estudosa portuguesa avanza máis un paso na súa pescuda, de modo que a cantiga sería unha sátira dirixida contra Gomez Pirez Sarraça, pois o alcume da segunda muller (Constança Galinhata, tal como documentan reiteradamente os Livros de Linhagens) permitiría tal interpretación.
A Porta do Ferro era unha das antigas portas da cidade de Lisboa, situada fronte á Sé e con intensa vida comercial 2 (véxase Marcenaro & González (2024: s.v. Porta de Ferro). É citada, por exemplo, na Crónica de D. Fernando de Fernão Lopes:
e esto porque muitas das mais rricas gentes morarom todos fora, em hũu grande e espaçoso arravalde que avia arredor da cidade, des a porta do Ferro atá a porta de Santa Catellina e des a torre d’Alfama atá a porta da Cruz (Macchi 2004: 307).
Por outra parte, só localizamos tendeira nas Cantigas de Santa Maria:
En Santaren contiu esto a ũa moller tendeyra, que sa çevada vendia,
e dizia ameude: ... (CSM 369.13).
A voz meosventura semella unha formación lexical única na lingua, co elemento prefixal meos (< lat. mĭnŭs) e o substantivo ventura, equivalente a outra voz derivada, desventura. De todos os modos, no Corpus Galego-Portugués Antigo existen múltiplas ocorrencias de meospreçar e de meoscabar: ambos verbos teñen de ser formacións tardías no latín vulgar (de mĭnŭs + pretiāre e mĭnŭs + cabo (ou caput) + -ar, respectivamente).