1472 [= RM 64,7]
Bernal Fendudo, quero-vos dizer

Bernal Fendudo, quero-vos dizer
o que façades, pois vos queren dar
armas e «dona salvage» chamar:
se vos con mouros lid’acaecer,
sofrede-os, ca todos vos ferran,
e, dando colbes en vós, cansarán,
e averedes pois vós a vencer.
E ali logo, u sa lide avolver,
verran-vos deles deante colpar;
des i os outros, por vos non errar,
ar querran-vos por alhur cometer;
mais sofrede, feiran per u quer,
ca, se vos Deus en armas ben fezer,
ferindo en vós, an eles de caer.
Pero, com’á mui gran gente a seer,
muitas vezes vos an a derrobar;
mais sempre vos avedes a cobrar
e eles an máis a enfraquecer,
pero non quedarán de vos ferir
de todas partes; mais, ao [fiir],
todos morrerán en vosso poder.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1453 (f. 302r, col. b, 302v, col. a), V 1063 (f. 173r, col. b, 173v, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edições


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 289 [= LPGP 414]); Zilli (1977: 141-142); Lopes (2002: 197); Littera (2016: I, 486-487); Arias Freixedo (2017: 200).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 369-370); Braga (1878: 2o2-203); Machado & Machado (1958: VI, 155); Callón (2017: II, 123).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 303-304); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 126); Marcenaro (2006: 224-226).

Variantes manuscritas


1 -vos] ues B : uos V   2 façades] facades B : fazades V; vos] uos BV   3 armas e] ar maos V   4 vos] uos BV; mouros] touros B : chouros V; lid’acaecer] ladacaecer B : ladacaezer V   5 sofrede-os] ssoffredoes V; vos ferran] feirā nos B : ferran uos V   7 averedes ... vencer] aneredes ... uancer B   9 Veiran uos deꝉꝉs deāte / Colpar B : uerran uos delles deāte cobrar V   10 vos] vos B : uos V   11 ar querran] A querrem B; -vos] uos BV; cometer] comec̄ V   12 feiran] ferrā V   13 vos] uos BV; Deus] des V   14 an] en B   16 muitas] muyta V; vos] Vos B : uos V; derrobar] derribar V   17 sempre vós] uos senp̃ V; cobrar] Trobar B   18 enfraquecer]  enfranq̅çer V   19 vos] uos BV   20 de tods̄ parc̄s / Mays < + > B   21 todos] om. B; morrerán] Moyrerā B

Variantes editoriais


6 cansarán] cansaran Lapa : canssaran Zilli   7 averedes] havedes Arias Freixedo   8 logo, u sa lide avolver] log’, u s’a lide á volver Lapa : logo, u ss’á lide a volver Zilli : log’, u sa lide há volver Lopes : log’, u s’há lide a volver Littera : log’, u s’a lide avolver Arias Freixedo   12 sofrede: feiran] sofrede-o, e ferran Lapa : sofrede: [se] ferran Zilli : sofrede[-os], feiram Lopes, Littera   14 eles] elles Zilli   15 com’á ... a seer] coma ... á seer Lapa : como ... há seer Lopes, Littera   16 derrobar] derribar Zilli   17 vós] vos Lapa, Lopes, Littera   18 eles] elles Zilli   19 quedarán] quedaran Lapa, Zilli   20 [fiir]] [fĩir] Lapa, Zilli   21 morrerán] morreran Lapa, Zilli

Paráfrase


(I) Bernal Fendudo, quérovos dicir o que debedes facer, xa que vos queren armar cabaleiro e chamarvos “dona salvaxe”: se vos acontecer unha lide con mouros, aturádeos, pois todos vos atacarán, e, dando golpes en vós, cansarán, e vós despois venceredes.
(II) E axiña, cando se inicie a súa loita, viranvos algúns deles golpear diante; e ademais os outros, por non erraren o ataque, quereránvos acometer por outro lugar; mais vós aguantade, ataquen por onde ataquen, porque, se Deus vos axuda na loita, golpeando en vós, han eles de morrer.
(III) Pero, como han de ser moi numerosos, moitas veces vos han derrubar; mais vós sempre vos habedes de recobrar e eles han de enfraquecer máis, aínda que non pararán de vos golpear de todas as partes; mais, ao final, todos morrerán no voso poder.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:42)

Encontros vocálicos: 8 logo,u, lideavolver; 12 ma·is; 14 ferindoen; 15 gentea

Notas


Texto
  • *

    Para unha parte da historiografia, Bernal Fendudo poderia aludir ao trobador Bernal de Bonaval, cun sobrenome (Fendudo ‘fendido, partido ao medio’) e cun nome de batalla ficticio (dona Salvage, unha especie de parodia dos nomes que os heroes dos romances de cabalaría recibían) que anuncian o carácter (homo)sexual das lides. Véxase Marcenaro & González (2024: s.v. Bernal Fendudo), onde, de todos os modos, se considera que, “[s]ebbenne l’identificazione con il trovatore Bernal de Bonaval sia stata proposta in passato, essa non ci sembra molto evidente”.
    A burla ten un duplo sentido en clave (homo)sexual, desde o propio sobrenome Fendudo (‘partido ao medio, fendido’) ou o nome de batalla que lle ían dar: dona Salvage (unha especie de parodia dos nomes que os heroes dos romances de cabalaría recibían, recibían, neste caso, ademais, facendo uso do feminino). Nesa mesma clave sexual hai que interpretar metaforicamente os termos e as expresións bélicas: dar colbes en vós, ferir de todas partes, deante colpar, por alhur cometer, lide, caer, derrobar, enfraquecer, morrer, mouros etc.

  • 3

    O sintagma dona salvage é construído como reflexo do cavaleiro salvage. Cfr. no Livro das Confissões: Taaes som os caualeyros que se chamã saluages (Martin Pérez 2012-2013: 64). Este adxectivo é un provenzalismo (do lat. silvaticus).

  • 4

    A lección <chouros> de V explicita con clareza a confusión <ch>/<m> que se atesta nos apógrafos italianos, e que ten importantes repercusións na fixación textual dalgunhas pasaxes (véxase Ferreiro 2012c): Maria <charia> B, <chana> V (383.7); muito <chuyto> B (451.3);  Milia <chilia> B (455.4); Mari’ <chari> BV (479.13); me <che> B, <me> V (927.4); meu <meu> B, <cheu>V (1193.7 e 11); m’es <ches> BV (1593.6 e 12); Mompisler <chon pis ler> BV (1594.5). A lección <touros> de B incide no mesmo erro, a partir da moi frecuente confusión <t>/<c> e a omisión de <h>.

  • 5

    Nas cantigas profanas achamos diversas pasaxes en que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, delatada pola rima (véxase para outros casos similares 215.1, 383.12, 421.18, 590.1, 626.14, 688.20, 796.5, 938.16-17 etc.).
    Tanto o futuro de indicativo (ferrei, ferras, ferra etc.) como o pospretérito (ferria etc.) de ferir eran aínda tempos irregulares na lingua medieval, antes da nivelación analóxica producida no período posmedieval.

  • 6-9

    Como acontece noutros textos medievais, nesta cantiga convive a forma colbe (v. 6) con colpar (v. 9). O mesmo acontece en UC 493, onde achamos colbe, colpe e colpada, para alén da presenza da forma moderna golpe en 1492.25.

  • 8

    A segmentación neste verso determina a súa lectura e interpretación: tanto a lección u s’ a lide á volver, procedente da versión lapiana e reiterada en Lopes, como hu ss’ á lide a volver (Zilli) non parecen adecuadas por canto existen outras posibilidades interpretativas máis condicentes cos manuscritos e co texto. Na última edición do texto, Littera estabelece u sa lide há volver coa presenza do posesivo sa mais coa segmentación de <auolu’>.
    Pola nosa parte, ao manter avolver, esta forma verbal ten de ser considerada futuro de subxuntivo na oración introducida por u, ficando o texto perfectamente claro do punto de vista sintáctico e semántico (Ferreiro 2014c: 108-109):

    E ali logo, u sa lide avolver,            
    verran-vos d’ eles deante colpar.

    A forma avolver é variante con a- protético de volver, utilizada moi frecuentemente en sintagmas con peleja, lide e guerra na súa acepción de ‘armar, provocar, desencadear’: 

    Qvando II homees pelegiarẽ e huu quiser ferir o outro e per caiõ matarẽ outro omẽ, o alcayde deue saber qual delhes uulueo a peleya. E aquel que o auolueo peyte o omizio (Foro Real, ed. Ferreira 1987: I, 294).

    e, assy como chegou, avolveo a lide fortemente, ferindoos muy de ryjo, e lidou cõ elle (Crónica Geral d’Espanha de 1344; cfr. CGPA, ed. Cintra).

    E rreceando-sse o duque pollo gasalhado que fazia a el-rrei dom Henrrique, que dasprazeria a el-rrei de França seu irmaão, teendo ho principe achaque contra elle, que outra vez queria avolver guerra, colhendo em sua terra homẽes a que bem nom queria (Fernão Lopes, Crónica de D. Fernando; ed. Macchi 2004: 53).

  • 9

    Nótese a grafía <ll> en <elles> BV (vv. 9, 14, 18), que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, aquela e ela xunto con ele(s), bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc.), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces coa secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

  • 12

    A pesar da lección <ferrā> de V (que indica forma de futuro), a lección <feirā> de B permite propor a forma de presente de subxuntivo, que acae mellor ao contexto e ao sentido.
    Por outra parte, existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais ~ máis era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de decenas de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c). Deste xeito, resulta desnecesaria calquera reintegración neste verso1 .

  • 16

    A forma derrobar, variante fonética de derrubar, é transmitida por B, en face de V que achega a maioritaria forma derribar no período medieval (cfr. CGPA, s.v. derribar, derrubar, derrobar).

  • 20

    Fiir (< lat. fīnīre ‘acabar’), presente en 1423.2, é a mellor alternativa para resolver a lacuna na palabra rimante. A proposta inicial parte da histórica edición de Teófilo Braga. Fiir ~ fĩir é utilizado fundamentalmente en infinitivo e no participio (de onde deriva a fiinda). É voz que desaparece axiña na lingua; véxase algunha documentación antiga (CGPA, s.v.): 

    en que acordaren correger et emendar ca que quiseren se les prouver ata quel dia que ouveren asinalado para fiir a preyto (doc. de 1287, ed. Romaní Martínez).

    Conde, pera se aver de fĩĩr a guerra nossa e vossa e de meu irmãão, el rey de Navarra, tenho por bem que cassees com mynha sobrinha (Crónica Geral de Espanha de 1344).

  1. ^

    Unha argumentación contra o esporádico valor bisilábico de mais pode verse en Fernández Guiadanes (2023: 2.627-2.655), aínda recoñecendo que “non se pode desbotar por completo a posibilidade de que o resultado galegoportugués de MAGIS mantivese o seu carácter bisílabo ocasionalmente” (ib.: 2.655).

Procurar
    Não foram encontrados resultados