En esta folha adeante se començan as cantigas d’amigo que o mui nobre Don Denis, rei de Portugal fez
I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 66 [= LPGP 184]); Nunes (1973 [1928]: 5-6); Cohen (2003: 586); Littera (2016: I, 211-212); Fassanelli (2021: 58).
II. Outras edicións: Moura (1847: 118-119); Monaci (1875: 64); Braga (1878: 32); Machado & Machado (1952: III, 164); Cohen (1987: 19-20); Júdice (1997: 21); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 57); Torres (1977: 247).
Rúbrica. En esta folha adeante] E ensta ffolha + {adeant̄} B : Eensta ffolha adeanc̄ V; començan] cōmenca B; cantigas] cātig(r)as V; mui nobre Don] muy {Nobre} Dom B : my rpbrē Dem V; fez] ffe\z/(x) V
Texto. 4 noutro] nontro B 6 pesar] uesar V 7 iguar] ignar V 9 erades tan coitado] erates tā cuytado V 18 encoberto] entoberto V
9 coitado] cuitado Lang, Fassanelli 11 tornad’, e] tornade Lang, Nunes, Cohen, Littera, Fassanelli 20 foi] fui Cohen, Littera
(I) Ben entendín, meu amigo, que sentistes un gran pesar cando non puidestes falar comigo o outro día; mais estade certo de que non foi o voso pesar (tal) que se puidese igualar ao meu.
(II) Moi ben souben eu que era certo que estabades tan coitado que non tiña remedio; mais, amigo, tornade aquí, e sabede ben que é verdade que non foi o voso pesar (tal) que se puidese igualar ao meu.
(III) Ben souben, amigo, que era certo que o pesar voso daquel día, que non tiña igual, aínda que foi encuberto; porén estade seguro de que non foi o voso pesar (tal) que se puidese igualar ao meu, (1) pois o meu non se pode calcular, nin eu non o puiden negar.
Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’a 8C 8C + 8c 8c (= RM 139:22)
Encontros vocálicos: 11 amigo,‿aca
A rúbrica refírese, obviamente, a todas as cantigas de amigo dionisinas que veñen a seguir (cantigas 570-621).
Repárese no artificio de repetición en posición de rima (dobre) nos vv. 1º e 4º de cada estrofa (I amigo; II por verdade; III certo).
Non é frecuente achar a variación -oi-/-ui- en coitado/cuitado entre os dous apógrafos italianos, pois, en xeral, é diverxencia que aparece entre o Cancioneiro da Ajuda vs. Cancioneiro da Biblioteca Nacional (cfr. nota a 70.1). Na realidade, nesta voz só se rexistra a variación -oi- B / -ui- V (véxase tamén 575.4, 1212.2, 1293.5). Cfr. nota a 681.4. Véxase Monteagudo (2013 e 2015).
Ningunha das precedentes edicións segmenta a copulativa no final do verso, opción tamén lexítima no contexto da cantiga.
Nótese o hipérbato tan violento que provoca a aparición dun período agramatical, coa antecipación da completiva que (vv. 16 e 17) e o deslocamento de o pesar daquel dia vosso (coa posposición do posesivo de pesar; véxase nota a 138.31): Ben soub’, amigo, por certo / que, o pesar daquel dia / vosso, que par non avia (véxase nota a 53.17-18), ou alternativamente, Ben soub’, amigo, por certo, o vosso pesar daquel dia, que par non avia, mais pero foi encoberto. Isto é, na realidade é sobrante un dos que: Ben soub’, amigo, por certo, que (que) par non avia o vosso pesar daquel dia, mais pero foi encoberto.
Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: