915 [= Tav 143,2]
Aquest’é mui gran mal d’amor

Aquest’é mui gran mal d’amor
que eu por vós, mia senhor, ei,
pois outro conselho non sei;
se prouguer a Nostro Senhor,
alongar-me querrei d’aqui,
e alongar-s’-á el de mí.
Nen un conselho én me sal
contra vós, nen Deus non mi-o dá,
per que perça este mal ja;
e, pois mi aqui ven este mal,
alongar-[me querrei d’aqui,
e alongar-s’-á el de mí].
E, mentr’eu a guarir ouver
u vos eu soia veer,
non averei nunca a perder
este mal; mais, se eu poder,
alongar-[me querrei d’aqui,
e alongar-s’-á el de mí].
Nen tenho i al, que seja sén,
que faça, pois vos eu falar
non ous’ir, senhor, nen catar;
e, pois m’este mal aqui ven,
alongar-me querrei [d’aqui,
e alongar-s’-á el de mí],
ca non viverei máis des i,
e alongar-s’-á end’assi.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manuscritos


B 913, V 500

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 336-337 [= LPGP 894]); Arias Freixedo (2010: XVII); Littera (2016: II, 448).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 183); Braga (1878: 95); Machado & Machado (1953: IV, 268-269).

Variantes manuscritas


5 querrei] queirey B   7 conselho én] consselh<...> ē B : ꝯselhō V   15 perder] parder B : põder V   21 catar] cantar B   26 alongar] alo< >gar B

Variantes editoriales


1 Aquest’é] Aqueste Nunes, Littera   7 Nen un conselho én me sal] Nen hun consselho [non] me sal Nunes : Nẽum conselho [nom] me sal Littera   9 per] por Nunes   15 nunca a] nunc(a) a Nunes : nunc’a Littera   19 tenho i] tenh(o) i Nunes : tenh’i Littera 

Paráfrasis


(I) Este é o gran mal de amor que eu, miña señora, sufro por vós: xa que non se me ocorre outra solución, se ao Noso Señor lle prouguer, procurarei afastarme de aquí e afastarase el de min.
(II) Non se me ocorre ningunha solución contra vós neste asunto, nin Deus ma dá, para perder este mal xa; e pois aquí me vén este mal procurarei afastarme de aquí e afastarase el de min.
(III) E mentres eu tiver que vivir onde vos eu vexa con frecuencia nunca hei de perder este mal; mais, se eu puider, procurarei afastarme de aquí e afastarase el de min.
(IV) Non teño para iso outra solución que sexa razoábel, pois eu non ouso irvos falar, señora, nin vervos; e xa que aquí me vén este mal, procurarei afastarme de aquí e afastarase el de min, (1) pois non vivirei máis desde ese intre, e así hase afastar de min.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:385) + 8c 8c

Encontros vocálicos: 8 mi͜-o; 10 mi‿aqui; 14 so·i·a; 15 nunca‿a; 19 tenho‿i

Notas


Texto
  • 1

    A manutención de Aqueste, sen segmentación da forma verbal é en Nunes e Littera, provoca unha desnecesaria concordancia ad sensum.

  • 15

    Nótese a lección <parder> perder, similar ao frecuente erro <pardon> no copista A do Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Véxase nota a 498.14-15.

  • 21

    Atendendo á tradición e ao propio sentido da estrofa, optamos pola lección de V ao considerarmos que a lección cantar de B ou ben é resultado dun erro no proceso de copia ou talvez constitúa unha emenda introducida polo copista con base na relación semántica entre falar e cantar empregadas nunha construción copulativa. Non obstante, consideramos que aquí estamos perante a asociación dos verbos falar e catar (/ veer) frecuente nos xéneros amorosos. A análise do campo sémico da ‘reserva da dama’ (en termos tavanianos) no corpus, confirma que en moitos casos o trobador namorado non ousa ir catar a súa senhor nin falarlle, polo que máis dificilmente se atreverá a cantar directamente para ela. O tópico tamén se rexistra nas cantigas de amigo.

Buscar
    Sin resultados