[last revised: 23/02/2024]Print

329 [= Tav 140,1]
Aquestas coitas que de sofrer ei

Aquestas coitas que de sofrer ei,
meu amigo, muitas e graves son,
e vós mui graves, á i gran sazon,
coitas sofredes; e por én non sei,
d’eu por vassal[o] e vós por sen[h]or,
de nós qual sofre máis coita d’amor.
Coitas sofremos e assi nos aven:
eu por vós, amig[o], e vós por min
(e sabe Deus de nós que ést’assi);
e destas coitas non sei eu muit’én,
d’eu por vassalo e vós por senhor,
[de nós qual sofre máis coita d’amor].
Guisado teen de nunca perder
coita meus olhos e meu coraçon;
e estas coitas, senhor, minhas son,
e deste feito non pos[s]’entender,
d’eu por vassalo [e vós por senhor,
de nós qual sofre máis coita d’amor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 368

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 841); Ferreiro (1992: 69 [= LPGP 883-884]); Cohen (2003: 217); Lopes (2002: 439); Littera (2016: II, 429-430).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 135); Machado & Machado (1950: II, 149-150); Callón (2017: II, 16); Rios Milhám (2018a: II, 329).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 224).

Manuscript variants


2 e] et B   3 e] Et B   4 sofredes; e por én] sofrer des esporen B   6 sofre] sofrer B   7 nos] nos B   13 teen] reem B   14 e meu coraçon] et meu coracon B   16 feito] ffeyco B

Editorial variants


8 amig[o], e] amigu’e Lopes; min] mi Michaëlis, Ferreiro, Lopes, Littera   10 muit’én] mui ben Cohen   13 teen] tẽen Michaëlis : têm Littera

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:219)

Encontros vocálicos: 7 *e‿assi

Notes


Text
  • *

    Esta cantiga formalmente de amigo, que mestura os dous xéneros, «poderia ser interpretada como uma cantiga de amor homossexual» (Tavani 1990: 321-322) e, efectivamente, así foi tratada en aproximacións recentes ás relacións sexoafectivas na lírica galego-portuguesa (Callón 2012: 63-69; Callón 2012). Véxase, ademais, a cantiga de amor 543, de Don Denis, que lembra a composición de Rodrig’Eanes de Vasconcelos, especialmente no refrán; e, do mesmo xeito, o v. 8 lembra o primeiro verso do refrán da cantiga 598 de Don Denis: por vós, amigo, e des i por mí.
    A voz poética –en principio feminina– diríxese ao seu interlocutor como meu amigo no v. 2, e como senhor no v. 15, en liña con algunha cantiga de amigo en que a muller invoca ao amigo como amigo e senhor (cfr., por exemplo, Ai meu amig’e meu senhor / e lume destes olhos meus’  (923.1-2).

  • 5-6

    De acordo co carácter, polo menos aparente, de cantiga de amigo, o refrán, aínda que ambiguo, pode ser interpretado da seguinte maneira: ‘... non sei cal de nós sofre máis coita de amor: eu por (causa do) vasalo [o amigo, a quen se dirixe] ou vós por (causa) da senhor [a amiga, que fala]’. Este refrán é «seguido» na cantiga 1625, de Rodrig’Eanes Redondo (Correia 2003).

    Lémbrese que as cantigas de amor e o canto cortés, en xeral, representan a relación amorosa espellada na relación feudal recíproca entre un señor protector e o seu vasalo servidor. Termos como vassalo e o seu sinónimo máis usado ome, senhor, servir, ben, galardon, entre outros, vehiculan esta metáfora feudal do amor como servizo.

  • 7

    A presenza da copulativa e provoca unha sinalefa que contradí os principios métricos trobadorescos. Talvez se deba suprimir tal conxunción (nótese que no manuscrito aparece en maiúscula e sen a forma <et> que se rexistra decote na cantiga) para que fique un verso con dúas partes xustapostas, como parece ecoar unha cantiga de Lourenço (1280.7):
      Des que nos vimos, assi nos aven:
      el por mí morr’, e eu ando por én

      namorada.

  • 8

    Neste verso hai que sobreentender que o verbo sofrer está elidido: ‘eu (sofro) por vós e vós (sofredes) por min...’.

  • 10

    A lección muit’én de B (‘e por iso non sei eu moito destas coitas’) non precisa ser emendada en mui ben, tal como Cohen propón na súa edición.

  • 13-15

    Estes versos aparecen literalmente repetidos e reaproveitados por Joan Garcia de Guilhade na segunda estrofa da cantiga 397:
      Guisado teen de nunca perder
      meus ollos coita e meu coraçon,
      e estas coitas, sennor, minnas son;
      
    mais-los meus ollos, per alguen veer,
      choran e cegan quand’alguen non veen,
      e ora cegan per alguen que veen.

Search
    No results