I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 454-455); Nobiling (2007 [1907]: 74-75 [= LPGP 442-443]); Littera (2016: I, 512-513).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 20-21); Braga (1878: 7); Carter (2007 [1941]: 135); Machado & Machado (1950: II, 242-24); Domingues (1992: 29); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 390).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 35-36); Sansone (1990: 122); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 94).
1 Amigos] A migus V; vos] uos A 2 mui gran coitan que me ten a / mui gran coitan que me ten A : muj gram coytam q̄ me ten B : mui gram coytan que me ten V 3 ũa] hnnha B : hunha V 5 catando] cantando B 6 assi and’eu] [A]assy andeu A 8 assy andeu A : assy andeu assy andeu / (assy andeu assy andeo) V 9 ja m’eu] ia en B : ia eu V 11 bõa] boa A 13 catando] cantando B
1 vos] vus Michaëlis 8 om. Michaëlis, Nobiling 16 om. Michaëlis, Nobiling 19 Amor] amor Littera 24 om. Michaëlis, Nobiling
(I) Amigos, quérovos dicir a moi gran coita en que me ten unha muller que amo e que me fai tolear; e fitando para a ver así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu...
(II) E eu xa non coñezo solución, pois o meu caso xa está resolto, e sei moi ben, abofé, que xa sempre así andarei: fitando por se a verei, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu...
(III) E xa eu non podo chorar, pois chorando xa enlouquecín, e faime Amor andar así como me vedes andar: fitando por cada lugar, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu...
(1) E xa non o podo negar: alguén me fai así andar.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8a 8C 8C 8C + 8a 8a (cfr. RM 139:16)
Encontros vocálicos: 19 mi‿Amor
En A este verso aparece copiado dúas veces, en scripta continua, a primeira delas sen o artigo inicial a, como nas versións de B e V. Neste verso, por outra parte, comparece a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.
A forma cantando de B, que se reitera no v. 13, semella un erro por catando, xa que non aparece na derradeira estrofa, ao tempo que o ton xeral da cantiga parece excluír a opción por cantar.
O Cancioneiro da Ajuda, a diferenza de BV, só copia un hemistiquio deste verso terceiro do refrán, que deberá ser completado pola presenza do verso completo nos apógrafos italianos, pois a abreviación do refrán nas seguintes estrofas desaconsella calquera outra decisión editorial, como a de Nobiling e Michaëlis, que editan un refrán de só dous versos. Este refrán guilhadiano semella a versión masculina do leda mi and’eu da cantiga 656 de Nuno Fernandez Torneol, ao tempo que assi and’eu aparece cun uso recorrente no inicio dos vv. 1 e 6 de todas as estrofas da cantiga 1549 de Gil Perez Conde.
O meu equivale a ‘os meus asuntos’.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.