I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 11-12 [= LPGP 465]); Littera (2016: I, 544-545).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 105); Machado & Machado (1950: II, 9-10); Rios Milhám (2018a: II, 233).
17 en] eu B
En Nunes os dous últimos versos de cada estrofa non constitúen o refrán.
5 mí aveo] min avẽo Nunes : mim aveo Littera 11 avẽo] aveo Littera 17 avẽo] aveo Littera
(I) Amigos, eu non podo recibir ben nin mal se non me vén da miña señora, e xa que ela me fai mal e desamor, ben vos podo dicir con verdade que a min me aconteceu de tal maneira que vin todo o meu ben para o meu gran mal, (II) porque a vin a ela, por quen me así acontece, que xa non podo, así Deus me perdoe, recibir ben nin mal doutra cousa se non é dela; e, xa que recibo mal, ben podo dicir que a min me aconteceu de tal maneira que vin todo o meu ben para o meu gran mal, (III) porque o ben ou o mal non existe para min agás o seu e porque o ben me falta e teño o mal; e pois o meu tempo todo así pasei, con gran verdade podo eu dicir que a min me aconteceu de tal maneira que vin todo o meu ben para o meu gran mal.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:119)
Encontros vocálicos: 8 posso,‿assi; 14 mi‿o
Aínda que ningunha das edicións anteriores o considerou, esta composición é ateúda, coas tres cobras ligadas causalmente. Véxase nota á cantiga 15.
Nótese a variación no refrán desta estrofa coa forma mí (vs. min) e aveo, desnasalizado. Véxase nota a 202.6. Cfr. nota a 27.4-6.
Así mesmo, resulta sorprendente o violento hipérbato no sintagma gran meu mal (= meu gran mal), que reaparece en Don Denis amplificado con tan:
Assi non er quis que m’eu percebesse
de tan gran meu mal nen o entendi (501.16).
Ela é complemento directo: na lingua trobadoresca as formas pronominais tónicas oblicuas poden funcionar como CD e CI sen preposición.
Enténdase: ‘pois ben nen mal non m’é senon o seu / e (pois) que mi o ben falec’e o mal ei’.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.