615 [= Tav 25,9]
Amiga, quen vos [ama

Amiga, quen vos [ama
e por] vós é coitado
e se por vosso chama,
des que foi namorado,
non vio prazer, sei-o eu:
por én ja morrerá,
e por aquesto m’é greu.
Aquel que coita forte
ouve des aquel dia
que vos el vio, que morte
lh’é, par Santa Maria,
nunca viu prazer nen ben:
por én ja morrerá,
[e] a min pesa muit’én.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


B 598, V 201

Edições


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 96 [= LPGP 179]); Nunes (1973 [1928]: 49); Cohen (2003: 635); Littera (2016: I, 239).
II. Outras edicións: Moura (1847: 186-187); Monaci (1875: 79); Braga (1878: 40); Machado & Machado (1952: III, 234-235); Júdice (1997: 73); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 quen] queu V   5 vio] uyu V   6 morrerá] moirera B   10 Santa] sancta B   12 morrerá] moirera B

Variantes editoriais


5 vio] viu Lang, Nunes, Cohen, Littera   6 por én] [e] por én Nunes   9 vos] vós Lang; vio] viu Lang, Cohen, Littera   12 por én] [e] por én Nunes

Métrica


Esquema métrico: 2 x 6’a 6’b 6’a 6’b 7c 6D 7c (= Tav 110:2)

Encontros vocálicos: 5 vi͜o; 10 vi͜o

Notas


Texto
  • 1-2

    A lacuna textual en BV, sinalada con + en B, é doadamente cuberta conforme a necesaria rima -ama, a medida (dúas sílabas no v. 1) e o sentido: por vós (v. 2) solicitado por seer coitado.

  • 5

    A representación gráfica da desinencia da P3 de pretérito indicativo dos verbos da terceira conxugación oscila entre a esmagadoramente maioritaria -iu e a esporádica -io, mostra dunha vacilación inicial que aínda se conserva nalgúns territorios galegos. Cfr. nota a 302.14. De calquera xeito, ambas as representacións implican unha mesma realidade fonolóxica e métrica, como mostran os casos de rimas entre -io e -iu (véxase, por exemplo, 614.1-8), ou aqueloutras situacións en que se produce variación desta desinencia en estruturas paralelísticas (véxase 583.8) ou no refrán (véxanse 592.r1, 1336.r, 1361.r2-r3).

    De todos os xeitos, neste caso existe variación entre B (vio) e V (viu), que non volvemos localizar no corpus.

  • 6

    Nótese a presenza do provenzalismo greu, que concorre na lingua trobadoresca, sempre en rima, coa forma xeral grave.

  • 14

    A reintegración da copulativa, necesaria pola métrica, é paralela á súa presenza no v. 7. Ademais, en posición inicial é moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).

Procurar
    Não foram encontrados resultados