535 [= RM 25,3]
Ai senhor fremosa, por Deus

Ai senhor fremosa, por Deus
e por quan boa vos El fez,
doede-vos algũa vez
de min e destes olhos meus,
que vos viron por mal de ,
quando vos viron, e por min.
E, porque vos fez Deus melhor
de quantas fez e máis valer,
querede-vos de min doer
e destes meus olhos, senhor,
que vos viron por mal de ,
[quando vos viron, e por min].
E, porque o al non é ren
senon o ben que vos Deus deu,
querede-vos doer do meu
mal e dos meus olhos, meu ben,
que vos viron por mal de ,
[quando vos viron, e por min].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 518b, V 121

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 40 [= LPGP 176-177]); Nunes (1972 [1932]: 136-137); Eirín (2015: 158); Littera (2016: I, 188-189).
II. Outras edicións: Moura (1847: 61-62); Monaci (1875: 52); Braga (1878: 24-25); Machado & Machado (1952: III, 97); Júdice (1997: 116); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Norton (1935: 42); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 42).

Variantes manuscritas


8 de] des V   11 vos] uus V   15 querede] Que tede B

Variantes editoriais


6 min] mi Lang, Nunes, Littera   10 meus] meos Lang   12 min] mi Lang, Nunes, Littera   18 min] mi Lang, Nunes, Littera

Paráfrase


(I) Ai, señora fermosa, por Deus e polo moi boa que El vos fixo, tende dó de min algunha vez e destes ollos meus, que vos viron para mal deles, cando vos viron, e para o meu.

(II) E porque Deus vos fixo a mellor de cantas fixo e máis valer, querede ter dó de min e destes meus ollos, señora, que vos viron para mal deles, cando vos viron, e para o meu.

(III) E porque o resto non vale nada, agás o ben que Deus vos deu, querede apiadarvos do meu sufrimento e dos meus ollos, meu ben, que vos viron para mal deles, cando vos viron, e para o meu.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:324)

Notas


Texto
  • 6

    En e por min hai que sobreentender e por (mal de) min, en liña con por mal de sí (v. 5).

  • 16

    Meu ben é un vocativo dirixido á senhor, que habitualmente vai en series encadeadas de apelativos. Véxase, por exemplo, en Paai Gomez Charinho: 

    Par Deus, senhor e meu lum’ e meu ben,
    e mias coitas e meu mui grand’ afan 
    e meus cuidados ... (810.1-3).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado

    Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
    Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies:

    ConfiguraciónsAceptar