1013 [= RM 63,3]
Ai mia filha, por Deus, guisade vós

Ai mia filha, por Deus, guisade vós
que vos veja [e]sse fustan trager
voss’amig’, e tod’a vosso poder
veja-vos ben con el estar en cos,
ca, se vos vir, sei eu ca morrerá
por vós, filha, ca mui ben vos está.
Se vo-lo fustan estevesse mal,
non vos mandaria ir ant’os seus
olhos; mais guisade cedo por Deus
que vos veja, non façades end’al,
ca, se vos vir, sei [eu] ca morrerá
[por vós, filha, ca mui ben vos está].
E, como quer que [a] vós el seja
sanhudo, pois que vo-lo fustan vir,
avera gran sabor de vos cousir;
e guisade vós como vos veja,
[ca, se vos vir, sei eu ca morrerá
por vós, filha, ca mui ben vos está].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


V 599

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 260-261); Rodríguez (1980: 160 [= LPGP 373]); Cohen (2003: 543); Littera (2016: I, 443).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 214); Braga (1878: 115); Fernández Pousa (1959: 233); Machado & Machado (1960: VII, 87).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 31); Corral Díaz & Vieira (2023: 125).

Manuscript variants


1 vós] uꝯ V   9 guisade cedo] grisa de zedo V   10 façades] fazades V   13 vos] uos V   14 vo-lo] uo l(h)o V   16 vós como vos] uꝯ como uos V

Editorial variants


13 que [a] vós el seja] que vos el[e] seja] Rodríguez, Cohen, Littera

Paraphrase


(I) Ai miña filla, por Deus, facede de forma que o voso amigo vos vexa traer ese (vestido de) fustán, e o máis que for posíbel véxavos estar con el sen outra roupa, porque, se vos vir, sei eu que morrerá por vós, filla, porque vos senta moi ben.

(II) Se o fustán vos sentase mal, non vos mandaría ir ante os seus ollos; mais procurade, por Deus, que logo vos vexa, non fagades outra cousa, porque, se vos vir, sei eu que morrerá por vós, filla, porque vos senta moi ben.

(III) E como queira que el estea sañudo convosco, despois de que vos vexa o fustán, sentirá un gran desexo de vos contemplar; e arranxade vós de forma que vos vexa, porque, se vos vir, sei eu que morrerá por vós, filla, porque vos senta moi ben.

Metrics


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (I-II [= RM 160:74]) + 9’a 10b 10b 9’a 10C 10C ([= RM 160:290])

Notes


Text
  • 1

    Nesta composición existe bastante confusión entre vos átono e vós tónico, como mostran os erros no v. 1 e, sobre todo, no v. 16 (véxanse variantes).

  • 2

    O fustan é un ‘tecido groso de algodón e liño’, mais tamén se pode referir a unha peza de roupa interior, unha especie de saio que vai por baixo do vestido. Só comparece nesta cantiga, aínda que a súa presenza nos textos medievais é frecuente, a teor dos datos subministrados polo Corpus Galego-Portugués Antigo (véxase CGPA, s.v.). Sobre este tecido véxase Rodríguez Parada (2019: 326-328).

  • 3

    A locución adverbial tod’a vosso poder é variante da locución modal a poder ('o máis que for posíbel') e as súas variacións (véxase Glosario, s.v. poder2).

  • 13

    Perante a hipometría versal optamos pola solución de Nunes (a omisión de a é frecuente nos cancioneiros), que mantén a tonicidade de vós indicada pola lección <uos> de V, ao tempo que, do punto de vista rítmico, semella mellor opción. Por outra parte, a expresión seer sanhudo aparece ao longo do corpus tamén construída con complemento indirecto: e fui eu i muit’errada / por quanto lhi foi sanhuda quando se de mí partia (714.3); mais por esto m’é sanhudo (714.10); Sanhudo m’é meu amig’, ... (1120.1); Tan sanhudo non m’é (1120.7); o meirinho vos é / sanhud’e brav’, ... (1619.10)...

Search
    No results

    This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
    Click below to accept or to edit your cookie settings.

    SettingsAccept