I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 764-767 [= LPGP 675-676]); Littera (2016: II, 170-171); González (2018: 138-139).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 50-51); Machado & Machado (1949: I, 192-195); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 101-103); Rios Milhám (2017: I, 108).
III. Antoloxías: Norton (1935: 69-72); Seoane (1941: 134-137); Nemésio (1961 [1949]: 41-42); Oliveira & Machado (1959: 73-75); Tavares (1961: 63-66); Álvarez Blázquez (1975: 154-155); Landeira Yrago (1975: 170-172); Torres (1977: 147); Gonçalves & Ramos (1983: 256-258); Dobarro Paz et alii (1987: 47-48); Ferreira (1988: 47-49); Pena (1990: 308-310); Ferreira (1991: 59-62); Jensen (1992: 238-240); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 257-259); Arias Freixedo (2003: 648-651); Souto Cabo (2017: 182-183).
2 terra] teira B 13 terras] teiras B 14 m’ora] magora B 15 e sempr’i] (despagado) esempri B 18 nulh’ome] nullome B 20 se] se eu B 21 terras] teiras B 28 terra] teira B 37 E forçar-m’-ei] C / Forçarmei B 39 guarrei] guairei B 41-42 Pesar (da)· / (dal) achar B
8 veerán] veeran Michaëlis 10 poderán] poderan Michaëlis 14 ora ei] or’ei Michaëlis : or’hei Littera 18 ome] om(e) Michaëlis 19 dig’a Deus] digades Michaëlis; que] om. Michaëlis, Littera 20 se] se eu Michaëlis, Littera, González 24 por] de Littera 37 E forçar-m’ei] E[s]forçar-m’ei Michaëlis, González 41 Pesar] Pe[n]sar Littera 55 direi] d’ir ei Michaëlis, González : d’ir hei Littera 61-64 Assi querrei / buscar / viver Michaëlis
Esquema métrico: 10a 10b 10c 10b 10a 10c (I, II) + 10'a 10'b 10'b 10c 10c 10'b (III, IV) + 4a 4a 4a 8b 4a 4a 4a 8b (V, VI) + 2a 2a 2a 2a 8b 2c 2c 2c 2c 8b (VII) + 2a 2a 2a 2a 8b 2a 2a 2a 2a 8b (VIII) + 2a 2b 2c 2d 8b 8b
Encontros vocálicos: 13 soi·da·de; 14 ora‿ei; 18 ome‿ir; 18-19 desconortado.‿E
O descordo é unha variedade poética que ten como modelo o descort occitano, que era un tipo de composición constituída por cobras con diversas estruturas estróficas e metros. Esa discordancia formal sería reflexo do desasosego ou desequilibrio anímico causado polo mal de amor.
Esta é a única poesía galego-portuguesa que a crítica considera de forma unánime como pertencente ao xénero do descordo, e a única que é caracterizada como tal no propio texto, cumprindo así outro dos requisitos desta modalidade.
A “arquitectura” da composición de Nun’Eanes Cerzeo foi abordada por diversos estudosos, que propoñen variados esquemas métricos, porque a estrutura e a copia de B permite divisións diferentes e, mesmo, a consideración de unha ou dúas fiindas (véxase González 2018: 141-145).
O verbo prender aínda presenta na lingua trobadoresca a convivencia das formas etimolóxicas nos tempos de pretérito (pris, presera, presesse, preser) coas formas analóxicas (prendi, prendera etc.). Cfr. nota a 74.13.
Esta é a única aparición de soidade como voz metricamente trisilábica, pois en todas as restantes ocorrencias do corpus computa sempre como catro sílabas métricas.
Para resolver a hipermetría do verso poderíase expunxir o nexo da perífrase verbal (ei partir) ou, alternativamente, reconverter agora en ora, como en 902.9, en que a lección <agora> de BV fai hipermétrico o verso. Para alén disto, existen diversas pasaxes en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta con ora face o errado agora doutro cancioneiro: 777.15 (ora B vs. agora V), 485.r2, onde o refrán da estrofa II presenta en BV a lección correcta ora, mentres que nas estrofas I e III aparece agora, que debe ser emendado, en 66.2, o Cancioneiro da Ajuda presenta agora (que precisa sinalefa) fronte a B que le ora (tamén correcto metricamente); e véxase tamén 980.16, onde existe concorrencia da correcta lección <ora> de A coa errada <agora> de BV.
A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.
O participio desconortado, de orixe provenzal, convive con desconfortado (1441.15), igual que conorto, máis utilizado na poesía profana do que a variante patrimonial conforto. Véxase nota a 624.16.
Para a correcta contaxe métrica debemos supor unha episinalefa desconortado‿/‿E.
A lección <digadeꝯ> non permite a lectura digades de Michaëlis, aínda que noutras pasaxes existe a dupla posibilidade digades / diga Deus (cfr. nota a 524.4).
Por outra parte, para a correcta contaxe métrica debemos supor unha episinalefa desconortado‿/‿E, feito que evita a expunción de que que practicaron Michaëlis e Littera.
A manutención de eu (así en todos os editores) suporía unha anómala sinalefa coa condicional se. É, pois, aconsellábel a expunción de eu, que con frecuencia aparece espuriamente introducida no texto: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.
A maiúscula inicial no manuscrito é un <C>, que podería interpretarse tamén como un <E> inacabado. Esta letra foi copiada inmediatamente despois do último verso da estrofa anterior, sen espazo interestrófico, e illada do resto do verso, que foi copiado na liña seguinte, como se o copista se decatase tarde de que debía deixar unha liña en branco. En calquera caso, é moi común a confusión <C>/<E> nos apógrafos italianos. Con efecto, este erro prodúcese, en xeral, no inicio dunha estrofa, dun refrán ou dun verso que solicita a conxunción copulativa: e vi-a <e uia> A, <Cuia / Cuia / Cuya / Cuya> B (302.r1), e a <ca> (494.32 e 35), e amigo <Camigo / Ca:- / Ca:- / Ca:-> B, <ca migo / ca / ca / ca> V (649.r1), E á <E a> B, <Ca> V (722.25), e a <Ca / Ca / Ca> B, <ca / ca / ca> V (767.r1), e a <Ca / Ca / Ca> B, <e a / e a / e a> V (792.r2), e amigas <Camigas> B, <E amiga> B’, <camigas> V, <e amiga> V’ (1048.9), e o <C o> B, <eo> V (1056.3), e assi <Cassy / Cassy> B, <cassy / cassy> V (1364.r3), e a <Ca> BV (1645.15) etc.
Semella desnecesaria, por outra parte, a emenda michaëliana (seguida en González), que propón E[s]forçar-m’-ei.
Nótese a segmentación d’ir ei (teoricamente posíbel) que Michaëlis (e González) fai de <direi>.
Para a distribución dos versos nesta primeira fiinda, as estrofas precedentes con catro versos iniciais bisilábicos parecen ser o modelo a seguir, tal como estabeleceu Déborah González (e foi aceptado en Littera) que divide en dous segmentos cada unha das estrofas V-VIII.
Por outra banda, dado o carácter conclusivo destes versos (‘Así é como quero probar a buscar vivir outra vida’) interpretamos que constitúen unha fiinda, e como tal recolle rimas doutras estrofas. Asemade, semella que o derradeiro verso da composición funciona como unha segunda fiinda independente, de carácter epifonemático.
A ligazón sintáctico-conceptual do derradeiro verso da composición (de carácter epifonemático) cos versos anteriores (vv. 61-65) lévanos a considerar a existencia de unha única fiinda (que recolle as rimas doutras estrofas), en calquera caso cun número menor de versos –como é de regra– do que as diversas estrofas da cantiga.
É esta a única ocorrencia do termo descordo nas cantigas1 , consecuencia da súa mínima presenza na poesía profana galego-portuguesa.
Na Crónica Troiana atéstase a voz descordo ‘desacordo’: Ca o mao descordo que era ontre os mouros et os cristiãos tornouse ontre os cristiãos yrmãos cõ yrmãos (Lorenzo 1985: 365).
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: