1133 [= Tav 123,2]
A Santa Maria fiz ir meu amigo

A Santa Maria fiz ir meu amigo
e non lh’atendi o que pôs comigo:
con el me perdi
porque lhi menti.
Fiz ir meu amigo a Santa Maria
e non foi eu i con el aquel dia:
con el me perdi
[porque lhi menti].
 
 
 
 
5
 
 
 

Manoscritti


B 1130, V 722

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 323 [= LPGP 805-806]); Cohen (2003: 357); Littera (2016: II, 336-337).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 254); Braga (1878: 138); Machado & Machado (1956: V, 195).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 82); Álvarez Blázquez (1975: 54).

Varianti manoscritte


2 atendi] arendi V   5 amigo a] amigo (a) a B   7 el] ele B : ele e V

Parafrasi


(I) Fixen ir o meu amigo a Santa María, e non tiven en conta o que acordou comigo: perdinme con el porque lle mentín.

(II) Fixen ir o meu amigo a Santa María e non estiven con el aquel día: perdinme con el porque lle mentín.

Metrica


Esquema métrico: 2 x 11’ 10’ 5B 5B (= Tav 37:38)

Note


Testo
  • 1

    Santa Maria, tamén nas cantigas 1132 e 1134, talvez aluda a unha ermida en Ver, no concello lugués de Bóveda (Galiza), aínda que tamén podería corresponder a outros lugares denominados Ver no territorio galego-portugués. Cfr. nota a 1131.4.

  • 6

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso : a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 7

    A aparición de <ele> nesta ocorrencia do refrán, que o tornaría hipérmetro, fronte a <el>, demostra a facilidade con que se produce este erro de copia nos apógrafos italianos. A mesma falta pode verse, por exemplo en 1641.r2, coa forma correcta el en todas as estrofas agás na primeira, tamén con <ele> en BV. Estes casos xustifican as necesarias emendas derivadas da métrica noutras pasaxes en que ele provoca versos hipermétricos (491.6667.14754.71119.25).

Cerca
    Nessun risultato trovato