1358 [= RM 87,5]
A mí quer mal o infançon

A mí quer mal o infançon,
a mui gran tort’e sen razon,
por trobadores d’Orzelhon
que lhi cantan a seu brial,
e pesa-m’én e é-m’i mal,
que lh’escarniron seu brial,
que era nov’e de cendal.
Quantos oj’en Galiza son
atá en terra de Leon,
todos con o brial «colhon»
dizen, e fazen-o mui mal,
e pesa-m’én e é-m’én mal,
[que lh’escarniron seu brial,
que era nov’e de cendal].
E seu irmão, o Zevron,
que lhi quer mal de coraçon
porque lhi reng’o selegon,
e, se lhi renge, non m’én cal,
e pesa-m’én [e é-m’én mal
que lh’escarniron seu brial,
que era nov’e de cendal].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 1341, V 948

Éditions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 387); Pellegrini (1969: 16 [= LPGP 591]); Lopes (2002: 269); Littera (2016: II, 50-51).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 324); Braga (1878: 178); Machado & Machado (1958: VI, 75); Lapa (1964: 3-4); Souto Cabo (2012c: 123); Callón (2017: II, 61).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 270-271); Gutiérrez (2023: 211).

Variantes manuscrites


1 infançon] infancon B : infanzon V   2 tort’] cort BV   3 Orzelhon] orzelhou V   6 escarniron] escaruiron V   8 Quantos] Quantus B   9 terra] teira B   16 mal] mui g̃m mal BV; coraçon] coracō B : corazō V

Variantes éditoriales


5 é-m’i] é-mi Lapa, Littera : é-m’en Pellegrini, Lopes   8 Quantos] Quantus Pellegrini   10 todos] todus Pellegrini   11 fazen-o] fazẽ-no Lapa : fazem-no Lopes, Littera   12 é-m’én] é-mi Lapa, Littera   15 irmão] irmano Pellegrini   19 é-m’én] é-mi Lapa, Littera

Paraphrase


(I) A min quéreme mal o infanzón, moi inxustamente e sen razón, por culpa dos trobadores de Orcellón que lle cantan ao seu brial, e iso pésame e síntome mal, porque lle escarneceron o seu brial, que era novo e de cendal.
(II) Cantos hoxe viven en Galiza até en terra de León, todos co brial din «estúpido!», e fan moi mal, e iso pésame e síntome mal, porque lle escarneceron o seu brial, que era novo e de cendal.
(III) E tamén seu irmán, o Zevron, que o odia de corazón porque lle renxe a sela, e se lle renxe non me importa; e iso pésame e síntome mal, porque lle escarneceron o seu brial, que era novo e de cendal.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8b 8B 8B 8B (= RM 20:1)
Encontros vocálicos: 4 bri·al; 6 bri·al; 10 bri·al; 13 bri·al; 20 bri·al

Notes


Texte
  • *

    Esta composición está incluída na rúbrica que precede a cantiga UC 1355, e que afecta tamén ás cantigas UC 1355-1366: «Don Lopo Lias trobou a ũus cavaleiros de Lemos; e eran quatro irmãos e andavan sempre mal guisados; e por én trobou-lhis estas cantigas».

  • 3

    Orzelhon é o “nome de um distrito medieval do actual noroeste ourensano situado numa área a que se vinculam alguns dos mais antigos poetas galego-portugueses” (Souto Cabo 2012c: 115)1 . Véxase a delimitación xeográfica precisa en Marcenaro & González (2024: s.v. Orzelhon).

  • 5

    Máis unha vez, obsérvese variatio no primeiro verso do refrán, anulada en todas as edicións: Lapa e Littera estenden a lectura mi para todas as estrofas, mentres que Pellegrini e Lopes optan por m’én. No entanto, os manuscritos mostran ben claramente a presenza do pronome adverbial i na primeira estrofa en face de én nas seguintes (Ferreiro 2025: 101). Véxase nota a 39.17. Cfr. nota a 27.4.

  • 7

    O cendal é un tecido de seda fina (véxase Rodríguez Parada 2019: s.v. cendal).

  • 8

    É inusual no Cancioneiro da Biblioteca Nacional a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<Quantus>); na realidade, esta grafía aparece xeralmente en V en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 10

    Nótese como o substantivo colhon (que se atesta no seu recto significado en diversas cantigas escarniñas sempre en plural: 1427.21, 1440.34, 1584.21, 1615.17, 1629.13, 1638.12), é repetidamente utilizado agora en función de adxectivo co significado de ‘estúpido e/ou covarde’. O it. coglione, paralelo do colhon galego-portugués, adquiriu o sentido de ‘groseiramente estúpido’ moi tardiamente, e desta lingua pasou a francés (couillon), catalán (colló) e español (collón), lingua onde se diccionariza por primeira vez en 1786, co significado figurado de ‘covarde’ (no dicionario de Terreros), aínda que xa se atesta unha alusión de Covarrubias no século XVIII (Moreno Moreno 2014). Ora ben, o tardío proceso románico que se percibe desde o italiano ao castelán, vese confrontado coa obvia documentación de colhon ‘estúpido, covarde’ no territorio galego xa no século XIII, que volve aparecer no refrán da cantiga 1359, tamén de Lopo Lias. 

  • 11

    A representación gráfica fazen-o da ligazón do pronome identificador o coa forma verbal fazen non indica con clareza a necesaria pronuncia alveolar de /n/: [‘fadzeno]. Nese sentido, a presenza do trazo co clítico impide unha representación tipográfica adecuada dun encontro que só volve aparecer en dizen-o (1003.14), preguntaron-o (1655.16) e guardan-a (1672.28).

  • 16

    A métrica demostra o carácter espurio de mui e de gran en quer *mui *gran mal de coraçon. Nos apógrafos italianos, aparecen con certa frecuencia elementos que deben ser omitidos, cal o adverbio mui, como mostra a súa presenza / ausencia nos manuscritos: B vs. A (65.1, 257.1), A vs. B (369.3, 998.10), BV vs. A (417.15), B vs. V (423.17, 810.14), así como 812.14 ou 995.5. Por outra banda, tamén o elemento gran pode aparecer adventiciamente no proceso de copia, como se percibe, por exemplo, en 240.4, en que, fronte a A, B presenta este elemento coa conseguinte hipermetría.

  • 17

    A voz selegon, aumentativo de sela, conleva valor despectivo pola formación masculina sobre un nome feminino (cfr. nadigon, co mesmo ton pexorativo, en 1352 e 1360). Para alén da gesta de mal dizer (1489.7), selegon só é utilizado por Lopo Lias (1358.17, 1362.4, 1365.2, 1366.27).

  • 18

    A frase non + pron. pers. CI + én cal ‘non me/lle importa’, que se corresponde á frase latina non mihi/illi (inde) calet, procede da Galo-Romania. No corpus trobadoresco profano, para alén de nen mi cal e ne m’én chal (264.9), con nen e co CI de P1, esta expresión aparece sempre co adverbio non e o CI de P1 (non m’én chal, 495.17) ou o CI de P3 (non lh’én cal, 480.19), que tamén pode presentar interpolación: lhi non én chal (1652.24).

  1. ^

    Vicenç Beltrán (2009) apunta á identificación deste Orzelhon coa fortaleza castelá de Orcejón (Palencia), dominada polos Lara, de modo que a produción poética de Lopo Lias estaría relacionada cos acontecementos producidos en Castela tras a morte de Henrique I entre 1217 e 2018. Perante esta hipótese, Souto Cabo (2012c) argumenta solidamente as dificultades obxectivas para a confirmación de tal proposta.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé