443 [= Tav 157,3]
A máis fremosa de quantas vejo

A máis fremosa de quantas vejo
en Santaren, e que máis desejo
e en que sempre cuidando sejo,
non cha direi, mais direi-ch’, amigo:
[a]i Senterigo, ai Sentirigo,
al é Alfanx’e al Seserigo!
Ela e outra, amigo, vi-as,
se Deus me valla, non á dous dias;
non cha direi eu, ca o dirias
e perder-t’-ias por én comigo:
[a]i Sentirigo, ai Sentirigo,
[al é Alfanx’e al Seserigo!]
[C]uidand’[en] ela ja ei perdudo
o sén, amigo, e ando mudo,
e non sei ome tan entendudo
que m’oj’entenda a por que digo
[a]i Sentirigo, ai Sentirigo,
[al é Alfanx’e al Seserigo!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 278

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 549 [= LPGP 979-980]); Fernández Graña (2007: 425); Littera (2016: II, 572-573).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 164); Machado & Machado (1960: VII, 60); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 443).
III. Antologias: De la Iglesia (1886: III, 43-44); Nemésio (1961 [1949]: 217); Landeira Yrago (1975: 66); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 13); Arias Freixedo (2003: 925-926).

Variantes editoriales


5 Senterigo] Sentirigo Michaëlis, Fernández Graña   13 [en] ela] [en'] ela Littera   16 a] o Michaëlis Fernández Graña

Paráfrasis


(I) A máis fermosa de todas cantas vexo en Santarém, e a que máis desexo e en quen estou sempre pensando, non che direi quen é, mais direiche isto, amigo: ai Sentirigo, ai Sentirigo, unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo!

(II) A ela e a outra, amigo, vinas, así Deus me valla, non hai dous días; non che direi quen é, porque o dirías e poríaste a mal comigo por iso: ai Sentirigo, ai Sentirigo, unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo!

(III) Pensando nela xa perdín a cordura, e estou mudo, e non coñezo home tan sabio que hoxe entenda quen é aquela por quen digo ai Sentirigo, ai Sentirigo, unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo!

6 Alfanxe (act. Alfange) e Seserigo son lugares da cidade portuguesa de Santarém.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 9’a 9’a 9’b 9’B 9’B (= Tav 19:25)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga de amor forma conxunto coas cantigas 444 e 445, moi probabelmente da autoría do mesmo trobador (descoñecido), talvez da zona de Santarém (Portugal). Sobre a hipotética identificación deste trobador véxase Gonçalves (2016: 605-612).

  • 3

    A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sedēre neste tempo (sedeo, sedes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> so͂o, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).

  • 5-6

    Alfanxe (act. Alfange) e Seserigo eran arrabaldes do Santarém medieval, o mesmo que Senterigo (I) ou Sentirigo (II-III), conforme afirma Carolina Michaëlis de Vasconcelos (véxase Michaëlis  2004 [1896-2005]: 57, n. 96). O antigo Alfanxe é citado na Crónica d’el-rei D. Afonso Henriques de Duarte Galvão: E da parte do ssull, por rrezam e propiedade da terra esbarromdada que sse abre, chamauam Alphamxe, que em portugues ssoa quebrada; E segumdo achamos escprito, ajmda emtam a mayor parte de Samtarem era arrauallde, nem avia hi mais çerqua, que alcaçoua pella torre dAlpham atee Alfamxe (Duarte Galvão 1995: 98, 196). Tamén aparece en Fernan Lopez: Isso meesmo partio el-rrei dom Fernando dos paaços de Santarem, que ssom no castello, acompanhado de muita gente d’armas, e veo-sse aa rribeira hu chamam Alfanxe [...] Entom moverom os batees com os rreis em dereito do cubello que está na augua em Alfanxe (Macchi 2004: 290-201).
    Finalmente, conservamos a variación fonética Sentirigo ~ Senterigo, que unicamente se manifesta nesta estrofa. Tal vacilación afecta ás vogais palatais en posición átona, cunha vacilación fonética [e]-[i] que vai aparecer tamén noutros refráns (véxase, por exemplo, o refrán das cantigas 977 ou 1634).

  • 7

    Ela é complemento directo: na lingua trobadoresca as formas pronominais tónicas oblicuas poden funcionar como CD e CI sen preposición.

  • 7-9

    As rimas vi-as - dias - dirias o combina voces independentes con un conglomerado de verbo + pronome, do mesmo modo que nas cantigas 292.14-16 (soo - doo - negó-o), 807.8, 11 e 14 (vi-a - averria - querria) e 1236.15 e 19 (dia - vi-a) e 1344.25, 27, 29 e 31 e mais 26, 28, 30 e 32 (pao - dá-o - vao - mao; paa - dá-a - vaa - maa), e dun modo similar  á cantiga 1334.15, 18 e 21 (ten o - pequeno - neno).

  • 13

    A omisión de unha sílaba métrica xustifica que se recupere a preposición en, frecuente nas construcións con cuidar (cfr., por exemplo, ca sempr’en ela cuidarei, 82.26).
    No tocante á aparición de che como CI, fronte ao CD te, procedente da palatalización por fonética sintática do lat. te (véxase Ferreiro 1999: §§104b, 155.2), ao longo do corpus trobadoresco achamos casos diversos (Ferreiro 2012c), o mesmo que na prosa, con perto de 150 ocorrencias da forma palatalizada en textos galegos no banco de datos do TMILG, s.v. che, chi, cho(s), cha; en textos escritos en Portugal só se pode localizar na contracción cho,-a nuns poucos contextos, que se concentran na Demanda do Santo Graal (véxase CGPA, s.v.).

Buscar
    Sin resultados