1497 [= RM 16,1]
A lealdade da Bezerra pela Beira muito anda

Esta outra cantiga é de mal dizer, dos que deron os castelos como non devian al rei Don Afonso.

A lealdade da Bezerra pela Beira muito anda,
ben é que a mantenhamos, pois que no-l’o Papa manda,
Non ten Sueiro Bezerra que tort’é en vender Monsanto,
ca diz que nunca Deus diss[e] a San Pedro máis de tanto:
«Quen tu legares en terra erit ligatum in celo».
Por én diz ca non é torto de vender om’o castelo.
E por én diz que non fez torto o que vendeu Marialva,
ca lhe diss’o arcebispo un vesso per que se salva:
«Estote fortes in bello et pugnate cum serpente».
Por én diz que non é torto quen faz traiçon e mente.
[E] o que vendeu Leirea muito ten que fez dereito,
ca fez mandado do Papa e confirmou-lh’o Esleito:
«Super istud caput meum et super ista mea capa,
dade o castelo ao Conde, pois vo-lo manda o Papa».
[E] o que vendeu Faria por remiir seus pecados,
se máis tevesse, máis daria; e disseron dous prelados:
«Tu autem, Domine, dimitte aquel que se cofonde».
Ben esmolou en sa vida quen deu Santaren ao Conde.
Ofereceu Martin Diaz aa cruz, que os cofonde,
Covilhãa, e Pero Diaz, Sortelha; e diss’o Conde:
«Centuplum accipiatis de mão do Padre Santo».
Diz Fernan Diaz: «Ben m’ést[e], porque oferi Monsanto».
[E] ofereceu Trancos’, ao Conde, Roi Bezerro;
falou enton Don Soeiro por sacar seu filho d’erro:
«Non potest filius meus sine patre suo facere quidquam».
Salvos son os traedores, pois ben isopados fican!
O que ofereceu Sintra fez come bon cavaleiro,
e disso-lh’i o legado log’un vesso do Salteiro:
«Sagitte potentis acute» (e foi i ben acordado):
melhor é seer traedor ca morrer escomungado.
E, quando o Conde ao castelo chegou de Celorico,
Pachec’enton o cuitelo tirou; e disse-lh’ũu bispo:
«Mitte gladium in vagina, con el non nos empeescas».
Diz Pacheco: «Alhur, Conde, peed’u vos digan: Crescas!».
Maldisse Don Airas Soga a ũa velha noutro dia;
disse-lhi Pero Soarez un vesso per clerizia:
«Non vetula bonbatricon scandit confusio ficum».
Non foi Soeiro Bezerra alcaide de Celorico.
Salvos son os traedores quantos os castelos deron;
mostraron-lhis en escrito [............................ -eron]:
«Super ignem eternum et divinitatis opem».
Salvo é quen trae castelo, a preito que o isopen!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35
 
 
 
 
40
 
 

Manoscritti


B 1477 (ff. 309v, cols. a-b, 310r, col. a), V 1088 (f. 178r, cols. a-b, 178v, cols. a-b) [Cantiga de Escarnio e mal dizer]

No Cancioneiro da Vaticana aparecen copiadas as dúas primeiras letras do dístico inicial, de man de Colocci: A l...

Edizioni


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 130-132 [= LPGP 130-131]); Lagares (2000: 172 [rúbrica]); Lopes (2002: 124-125); Littera (2016: I, 137-138).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 379-380); Braga (1878: 208); Michaëlis (1924: 17-19); Machado & Machado (1958: VI, 184-187); Jefferson (1993: 10-11); Montero Santalla (2000: 679-680).
III. Antoloxías: Braga (1876: 33-35); Nunes (1970 [1906]: 297-299); Álvarez Blázquez (1975 [1952]: 124-126); Oliveira & Machado (1969 [1959]: 136-137); Fonseca (1971 [1961]: 67-69); Ferreira (1991 [1974]: 142-144); Torres (1977: 540-541); Fiúza (1981 [1978]: 185-189); Tavares & Miranda (1987: 40-42); Pena (1990: 233-234); Jensen (1992: 40-42); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 44-45); Diogo (1998: 138-139); Arias Freixedo (2003: 303-305).

Varianti manoscritte


Rúbrica: Esta] E(e)sta V; outra] \outr/ B; Afonso] Affoñ B : affoñ V

Texto:
1-2 om. V   1 Bezerra pela] bezeira q̄ + / Pela B   2 é que a mantenhamos] Bē hʳ q̄a nr̄a denhamꝯ B : om. V   3 Bezerra] bezeira BV   4 diss[e] a] dassa V   5 erit ligatum] erir ligarū V   8 arcebispo un] arcebpō / Hu B : artebrō / hir V   9 serpente] sspente V   10 traiçon] Traytō B; e] om. B; mente] om. V   11 Leirea] leyr V   12 Esleito] esleyro V   13 caput] capđ V   14 castelo] Castello B; ao] do V   15 [E] o que] O(ffēceu) q̄ B   17 autem, Domine] aut̄ dūe BV; cofonde] confonde V   18 esmolou] esmollou BV; deu] dē V   19 Ofereceu] Offēceu B : Offeçeu V; os] oꝯ BV; cofonde] cofonde V (con til riscado no primeiro <o>)   20 e] a BV   21 Centuplum] Centemplū B; mão] mano B; Santo] sancto B   22 Monsanto] mē scõ B : mō scō V   23 Trancos’] crācos V   24 erro] eiro B   25 filius meus] filia mea B; quidquam] quiquā V   27 cavaleiro] canlrō B   28 log’un] < + > B : ligū V   29 Sagitte ... foi] sagte ... fuy V   30 seer] de seer BV; morrer escomungado] moirer escōmugado B   31 Conde] Comde B : comde V; ao] a B; Celorico] teleuco V   32 Pachec’] rachequ V; o] e V; cuitelo] cuyrelo BV; tirou] tyrour V; bispo] urō V   33 Mitte] mite V; vagina] vaginā B : uagiua V; nos] uꝯ B   34 Pacheco] pachezo B; Alhur] alhū V; peed’u] peede hu V   35 noutro] noutio B   36 un vesso] huu uesso B : huū uosso V; clerizia] derizia BV   37 vetula] uetala B : uētula V; scandit] scandiz V   38 Bezerra] bezeira B; alcaide] Al cayre B : al caude V   39 castelos] castellꝯ B   40 om. B; lhis ... escrito] lhie ... escrite V   41 ignem] hignē V; divinitatis] dunnitatis B : duūtatis V; opem] open V

Varianti editoriali


Texto:
1-2 A lealdade da Bezerra pela Beira muito anda, / ben é que a mantenhamos, pois que no-l’o Papa manda] A lealdade da Bezerra pela Beira muito anda: / ben é que a nostra vendamos pois que no-lo Papa manda Lapa : A lealdade aa Bezerra pela Beira muito anda! / Bem é que a nostra vendamos pois que no-lo Papa manda Lopes : A lealdade da Bezerra, que pela Beira muito anda, / bem é que a mantenhamos, pois que no-l’o Papa manda Littera   4 diss[e]] diss’ Lapa, Lopes   7 E] om. Lopes, Littera   10 faz] faz [i] Lopes   11 [E] o que vendeu] O que vendeu Lapa, Littera : O que [ar] vendeu Lopes   15 [E] o que vendeu]  O que vendeu Lapa, Littera : O que vendeu [i] Lopes; por remiir] pera remir Lopes : per remiir Littera   17 Domine] Dominem, Littera; cofonde] confonde Lopes, Littera   19 Diaz] Dias Littera; cofonde] confonde] Lopes, Littera   20 Covilhãa] Covilhã Lopes, Littera; Diaz] Dias Littera   21 mão] mano Lopes   22 Diaz] Dias Littera   23 [E] ofereceu Trancos’] Ofereceu Trancoso Lapa, Lopes : Ofereceu Trancos’ Littera   24 por] per Littera   25 filius meus] filia mea Lapa, Lopes, Littera   30 melhor é seer] melhor é de seer Lapa, Lopes, Littera   31 chegou] [ar] chegou Lopes   32 ũu] un Lapa : um Lopes, Littera   34 Crescas] Crestas Lopes   35 Maldisse] Mal disse Lapa; a] om. Lapa, Lopes   36 lhi] lhe Lopes; Soarez] Soares Littera   37 bonbatricon] bombatricom Lopes, Littera   40 lhis] lhi Lapa, Lopes, Littera; [que foi ben quanto fezeron] Lapa : [que foi bem quanto fezerom] Lopes, Littera   41 divinitatis] ad unitatis Lapa, Lopes

Parafrasi


A lealdade da Bezerra moito anda pola Beira, é ben que a manteñamos, xa que nolo manda o Papa.
(I) Sueiro Bezerra non pensa que haxa traizón en vender Monsanto, pois di que Deus nunca lle dixo a San Pedro máis que isto: «Quen ti atares na terra erit ligatum in celo». Por iso di que non é traizón que o vasalo venda o castelo.
(II) E por iso di que non cometeu traizón o que vendeu Marialva, porque lle dixo o arcebispo un versículo que o redime: «Estote fortes in bello et pugnate cum serpente». Por iso di que non é desleal quen comete traizón e mente.
(III) E o que vendeu Leiria está convencido de que actuou correctamente, pois fixo o mandado polo Papa, e confirmoullo o bispo electo: «Super istud caput meum et super ista mea capa, dade o castelo ao Conde, pois o Papa volo manda».
(IV) E o que vendeu Faria para redimir os seus pecados, se máis tivese máis daría; e dixeron dous prelados: «Tu autem, Domine, dimitte aquel que se cofonde». Ben esmolou na súa vida quen deu Santarén ao Conde.
(V) Martín Díaz ofreceu Covilhã á cruz, que os confunde, e Pero Díaz ofreceu Sortelha; e dixo o Conde: «Centuplum accipiatis da man do Padre Santo». Di Fernán Díaz: «Ben me parece, porque ofrecín Monsanto».
(VI) E Roi Bezerro ofreceu Trancoso ao Conde; falou entón Don Soeiro para desenganar o seu fillo: «Non potest filius meus sine patre suo facere quidquam». Sen culpa fican os traidores, pois fican ben hisopados!
(VII) O que ofreceu Sintra obrou como bo cabaleiro, e o legado díxolle alí mesmo un versículo do libro dos Salmos: «Sagitte potentis acute» –e aí tomou unha boa decisión–: mellor é ser traidor que morrer escomungado.
(VIII) E cando o Conde chegou ao castelo de Celorico, Pacheco agarrou entón o coitelo, e díxolle un bispo: «Mitte gladium in vagina, non nos ameaces con el». Di Pacheco: «Noutro lugar, Conde, peideade cando vos digan: Crece!».
(IX) Maldixo Don Airas Soga a unha vella o outro día; díxolle Pero Soárez un versículo por clerecía: «Non vetula bonbatricon scandit confusio ficum». Soeiro Bezerra non conseguiu ser alcaide de Celorico.
(X) Todos cantos traidores entregaron os castelos están redimidos; mostráronlles nas Escrituras [...]: «Super ignem eternum et divinitatis opem». A salvo está quen traizoa un castelo, con tal que o hisopen!

Metrica


Esquema métrico: 16’a 16’a + 15’a 15’a 15’b 15’b (= RM 37:6)

Encontros vocálicos: 1 muito‿anda; 3 é‿en; 7 torto‿o, Ma·ri·al·va; 10 tra·i·çon; 14 dade‿o castelo‿a·o; 15 re·mi·ir; 16 da·ri·a;‿e; 18 a͜o; 20 Covilhãa,‿e; 23 Ro·i; 29 acute‿e; 31 quando‿o Conde‿a·o; 32 ũ͜u; 34 pe·e·d’u; 35 Soga‿a; 42 salvo‿e

Note


Sigla
  • Esta composición de Airas Perez Vuitoron forma parte do conxunto de cantigas (en especial, UC 1578 e 1602) compostas contra a forzada entrega dos castelos ao conde de Boloña, o futuro Afonso III de Portugal, coa consecuente traizón a Sancho II (morto no exilio en Toledo, en 4 de xaneiro de 1248), baixo a ameaza de excomuñón por parte da Igrexa, que interveu na guerra civil portuguesa. Trátase dun conxunto satirico que Ventura (2006: 232) sitúa entre 1247 e 1248, dirixidas contra os partidarios do Conde e contra quen se pasou ao seu bando durante a guerra. En 1245, Inocencio IV confiara o goberno de Portugal ao Conde, irmán de Sancho II, mais Afonso só asumiu o título de rei tras a morte de Sancho no exilio, en Toledo, o 4 de xaneiro de 1248.
    Vuitoron converte a ameaza de excomuñón no centro da sátira. Os alcaides invocan o mandato do papa para xustificaren a quebra da homenaxe, e os prelados e clérigos avalan as entregas con fórmulas latinas tomadas da Escritura ou compostas á súa maneira. Así, o que a voz satírica presenta como traizón pasa por obediencia e mesmo por acto merecedor de absolución. O propio Conde adopta a fala dos clérigos cando agradece a Martin Diaz e a Pero Diaz as ofertas de Covilhã e Sortelha, respectivamente, e lles promete o céntuplo (vv. 19–21; Ventura 2006: 233).
    A distribución dos dez castelos permite situar os feitos. Faria, preto de Barcelos, é o único do Entre Douro e Minho. Leiria, Santarém e Sintra corresponden á Estremadura, e Monsanto, Marialva, Covilhã, Sortelha, Trancoso e Celorico á Beira interior. No centro de Portugal, sobre todo nos arredores de Leiria, producíronse os enfrontamentos máis violentos de 1246 e dos primeiros meses de 1247. A concentración de nomes nos episodios da Beira, coa excepción de Marialva, revela un coñecemento particular da rexión e conserva noticias que outras fontes apenas desenvolven (Ventura 2006: 232–234).
    Cómpre sinalar que Sueiro Bezerra é o principal albo do poema. Vuitoron atribúelle ascendencia sobre outros alcaides da Beira, entre eles o seu fillo Roi Bezerro, que ofrece Trancoso ao Conde (vv. 23–26). O Livro de Linhagens do Conde D. Pedro recolle tamén a acusación contra Sueiro e os seus fillos por entregaren castelos polos que fixeran homenaxe a Sancho II (Mattoso 1980: II/2, 147). O caso de Monsanto require distinguir as intervencións que a cantiga pon en boca de cada personaxe. Sueiro xustifica a venda (vv. 3–6) e Fernan Diaz atribúese a oferta (v. 22). Marcenaro & González (2024: Bezerra; Fernan Diaz2; Soeiro Bezerra) asocian os dous con Monsanto en entradas diferentes e deixan aberta a identificación documental de Fernan Diaz.
    Fronte aos Bezerra, Vuitoron presenta o alcaide de Celorico, identificado con Fernan Rodriguez Pacheco, como exemplo de fidelidade. É o único que desafía abertamente o Conde na cantiga, e a tradición cronística sitúa a entrega da fortaleza despois da morte de Sancho II (Marcenaro & González 2024: s.v. Celorico; Pacheco). A documentación permite matizar a conduta doutros alcaides. Martim Fernandes de Urgeses, a quen se identifica co que “vendeu Leirea” (v. 11), resistiu antes de render o castelo (Ventura & Gomes 1993; Marcenaro & González 2024: s.v. O que vendeu Leirea). Para Ventura (2006: 234–235), a marxe de decisión destes membros da nobreza secundaria estaba condicionada polas súas familias, divididas entre a fidelidade ao rei e a adhesión ao poder pontificio que representaba o Conde.
    Así mesmo, Ventura (2006: 234-235) sitúa Vuitoron entre os homes do infante castelán don Afonso, futuro Afonso X, que acudiron en auxilio de Sancho II a finais de 1246 e regresaron a Castela entre febreiro e marzo de 1247. Relaciona a retirada co avance do partido do Conde e coa súa capacidade para gañar os indecisos. Propón que a cantiga se compuxese nesa conxuntura, cando a perda de apoios deixaba aos partidarios de Sancho II pouca marxe para actuaren e a denuncia da deslealdade era unha forma de expresar a súa impotencia.
    Por outra banda, a Crónica Geral d’Espanha de 1344 explica a intervención pontificia pola falta de xustiza baixo Sancho II, a quen presenta mal aconsellado e incapaz de frear os roubos e os danos no reino. Segundo o seu relato, os ricos-homes e o pobo, co acordo dos prelados, pediron un gobernador. O arcebispo de Braga e Tibúrcio, bispo de Coimbra, propuxéronlle ao papa o conde de Boloña. Os legados debían pregoar o mandato pontificio e obter a entrega de vilas e castelos baixo ameaza de excomuñón, para que o Conde puidese nomear alcaides e administrar xustiza. Afonso declarou que viña gobernar por mandato papal e que recoñecía a Sancho como rei e señor. A Crónica mantén esa distinción até a morte de Sancho, sen fillos, e presenta a elevación do Conde como a sucesión do único herdeiro. A entrega que a Crónica xustifica pola necesidade de restabelecer a xustiza é, para Vuitoron, unha quebra da fidelidade debida ao rei (Cintra 1990: IV, 238–242).

Testo
  • *

    Montero Santalla (2000: 677-681) considera que o dístico inicial constitúe o refrán da composición, que non tería sido copiado nas restantes estrofas (a súa proposta editorial implica, por tanto, un texto de 62 versos). 
    Alén do seu valor histórico, esta cantiga constitúe unha obra-mestra na citación directa de textos bíblicos latinos e de “textos acomodados” da mesma procedencia (sobre este concepto, véxase Díaz de Bustamante 2005: 385-390).

  • 1-2

    A fixación do dístico inicial a partir do texto manuscrito, transmitido só por B, presenta dúas notábeis dificultades. Por unha parte, o primeiro verso resulta hipermétrico, en principio, pois tería 16 sílabas, unha de máis en relación ao resto dos versos. A solución tradicional e maioritaria propón a omisión de que (Lapa, Jefferson e Lopes), cuxa presenza no manuscrito talvez se deba á súa aparición no verso seguinte. Montero Santalla, por súa parte, le A lealdad’é bezerra, xebrando un verbo copulativo é e prescindindo da contracción da, conseguindo, así, un hemistiquio inicial de 7’ sílabas. A solución de Littera, por outra parte, reside en considerar trisílabo o termo lealdade, en clara contradición co carácter cuadrisilábico que este substantivo presenta no resto de ocorrencias no corpus.
    Por outra parte, a secuencia manuscrita <q̄a nr̄a denhamꝯ> do v. 2 foi interpretada por Lapa, de novo seguido por Lopes, como que a nostra vendamos, lectura que se afasta moito da base paleográfica. Máis achegada á lección manuscrita é a proposta de Jefferson (que a nostra tenhamos), pois a confusión <d>/<t> é moi habitual, ao tempo que a expresión teer lealdade tamén se rexistra con frecuencia. 
    Outra hipótese foi proposta posteriormente por Montero Santalla, que interpretou esta secuencia como que a mantenhamos. Con certeza, en B lese <nr̄a denhamꝯ> de onde se pode tirar mantenhamos sen problema, pois, en letra gótica pouco definida ou cursiva, o erro <ıııā> por <nr̄a/nrā> (sendo <ııı> un <m>) é ben explicábel. E a confusión de <d> por <t> na gótica, como se dixo, tamén é moi frecuente por causa de que o hastil non sobresaía ou sobresaía moi pouco da caixa da escrita. En apoio da súa hipótese, este autor subliña, con razón, a rareza do posesivo latinizante nostra fóra do sintagma Nostro Senhor que as cantigas profanas utilizan sistematicamente. Certamente, esta forma do posesivo rexístrase moi esporadicamente nalgún outro contexto fóra do corpus da lírica, en textos galegos traducidos do castelán.

    Como xa indicamos, a versión de Jefferson, isométrica, continúa a lección de Lapa agás no relativo a vendamos, afastado do manuscrito, que a editora estabelece como tenhamus: 

    A lealdade da Bezerra pela Beira muito anda:
    bem é que a nostra tenhamus, pois que no-lo Papa manda.

    No entanto, parécenos que esta interpretación resulta conceptualmente contraditoria co resto do texto e cos acontecementos históricos, pois a bula do Papa ordenaba exactamente o contrario a ter ou manter a lealdade, e non cabería aquí unha interpretación irónica.
    Conscientes de que se trata dunha lectura conxectural, do mesmo xeito que Lapa e outros editores, mantemos para o v. 1 o texto de BV coa expunción do relativo que (A lealdade da Bezerra pela Beira muito anda), considerando que os termos bezerra/Bezerra e beira/Beira teñen un sentido equívoco, ao poder referirse tamén, respectivamente, ao animal que anda pola beira ou a Soeiro Bezerra, o albo da sátira, que detiña un castelo na rexión portuguesa da Beira. Por outra banda, para o v. 2 seguimos a proposta de Montero Santalla, que implica a aparición do verbo manteer, para a expresión manteer lealdade, rexistrada na Idade Media; eis, por exemplo, no Leal Conselheiro:

    Porende me parece seer muyto necessaria em todos tres regymentos, scilicet no da pessoa, por manteer lealdade a nosso senhor, como dicto he (cfr. CGPA, ed. J. Piel).

    Ademais, marcamos tamén o artigo de Papa, que falta en todas as edicións de referencia pola ausencia da súa segmentación en <lo>, que xa no seu momento fora practicada por Nunes na Crestomatia Arcaica: pois que no-l’o Papa manda (cfr. pois vo-lo manda o Papa, v. 14).
    Esta lección do dístico inicial permite unha interpretación acorde co ton sarcástico que se percibe ao longo da cantiga nas intervencións da voz narradora, pois constituiría unha chamada irónica, sarcástica, a comportarse tal como o fixo o Bezerra, a manter a lealdade como el e outros alcaides da Beira o fixeron, ou sexa, a traizoala, seguindo o mandado do Papa.

  • 1-3

    Sueiro Gonçalvez Bezerra, fillo de Gonçalo Viegas de Ribadouro, foi membro dunha das máis importantes liñaxes do Portugal medieval. Nos vv. 23–26, Roi Bezerro, fillo de Sueiro e alcaide de Trancoso, ofrece esta fortaleza ao conde de Boloña, e o pai intervén en defensa do fillo. Ventura (2006: 232-234) ve no relevo que a cantiga dá a Sueiro un indicio de que puido influír na decisión doutros alcaides da Beira (véxase tamén Marcenaro & González 2024: Bezerra; Roi Bezerra; Sueiro Bezerra).
    O Livro de Linhagens do Conde D. Pedro contrapón a boa fama de Gonçalo Gonçalvez Bezerra á conduta do seu irmán Sueiro e dos fillos deste. “Este Gonçalo Gonçalvez Bezerra foi mui boo cavaleiro e houve ũu mao irmão e de maos feitos, que houve nome Sueiro Gonçalvez, Sueiro Bezerra. E este Sueiro Bezerra houve filhos tam maos como ele e de tam maos feitos, e forom treedores, tambem o padre como os filhos, ca derom peça de castelos na Beira, que tiinham d’el rei dom Sancho, a que haviam feita menagem por eles, e derom-nos ao conde dom Afonso de Bolonha, quando viinha por governador do regno per mandado do Papa” (Mattoso 1980: II/2, 147).
    O nobiliario funda a acusación de traizón na quebra da homenaxe prestada a Sancho II e deixa indeterminados os motivos de cada entrega. Nun episodio alleo á cantiga, a mesma fonte dá conta da negociación que precedeu a cesión de Lanhoso por Meen Cravo. Rodrigo Gomez de Briteiros procuroulle a Cravo unha preitesia pola que este entregou o castelo ao Conde (Mattoso 1980: II/2, 45, 47C4). Sobre a hipótese de que Vuitoron acompañase as tropas do infante don Afonso entre a entrada en Portugal a finais de 1246 e a retirada a Castela entre febreiro e marzo de 1247, véxase a nota histórica á rúbrica (Ventura 2006: 234–235).

  • 3

    Monsanto é unha vila da Beira Baixa, no actual concello de Idanha-a-Nova. Nos vv. 3–6, Sueiro Bezerra defende a licitude de vender o castelo e invoca a autoridade de san Pedro. No v. 22, Fernan Diaz preséntase como quen ofreceu a fortaleza ao conde. Marcenaro & González (2024: s.v. Fernan Diaz2; Monsanto; Sueiro Bezerra) atribúen a entrega a Sueiro na entrada dedicada a este e vinculan tamén con Monsanto a Fernan Diaz, cuxa identificación deixan aberta. A cantiga distingue a xustificación da venda do ofrecemento da fortaleza. O alcance da intervención de cada un na cesión e o eventual parentesco entre ambos restan por documentar.

  • 5

    Xa desde os primeiros estudosos do texto (Nunes, Michaëlis) se estabeleceu a fonte directa da citación evanxélica: quodcunque ligaveris super terram erit ligatum et in caelis (Mat 14, 19), isto é, ‘o que ti ligares na terra será ligado no ceo’, palabras que Xesús dirixe a Pedro, agora reconvertidas nunha alusión aos lazos entre vasalo e señor.
    En calquera caso, neste verso hai que determinar o carácter lingüístico do primeiro hemistiquio, de consideración ambivalente e desigual nas edicións anteriores. O formato idiomático que presenta e o confronto coa fonte da Vulgata leva para o considerar propositadamente escrito en romance, a semellanza do que acontece nos vv. 17, 21, 29 e 33.
    No relativo a legar, é verbo que se rexistra en textos tardíos, sistematicamente asociado a absolver, con orixe no lat. lĭgāre e con tratamento erudito (cfr. lear, liar), que debemos pór en relación co seu uso relixioso. Como exemplo, véxase no Penitencial de Sanchez de Vercial a seguinte pasaxe: 

    Por quanto he dicto que os ssaçerdotes per vertude destas chaues leguam e absolvem, algũ pregũtaria em que maneyra he este legar e absoluer. E dizẽ os doctores que ẽ tres maneiras o saçerdote sse diz legar e absoluer. A primeira os saçerdotes leguan e absoluẽ, que quer dizer que mostram algũ ser legado e asolto a semelhãça do que Jhesu Christo fez quando deu saude aos leprosos e mandou que fosem aos saçerdotes por juizo dos quaees mãdou que mostrasen ser limpos. Outrosi Sam Lazaro que primeyro o resuçitou e despoys mãdou a seus diçipolos que o soltasem. A ssegũda maneira de legar he quando o saçerdote manda na penitẽçia ssatisfazer algũa cousa ao que sse confesa e de absoluer quando da satisfaçom lhe quita algũa coussa e quando polla penitẽçia os reçebe aa comunhom dos sacramẽtos. A terçeira maneira quando se descomũga e absolue. E todas estas cousas conueẽ aaquilo que dise Jhesu Christo: o que soltardes ou legardes na terra sera solto e legado nos çeeos, o qual ha logar quando ho ssaçerdote justamẽte julga legamdo e absoluẽdo (cfr. CGPA, ed. J. Barbosa Machado).

    Outrosí, o seu uso é reiterado en múltiplas ocasións ao longo do Livro d’Alveitaria do Mestre Giraldo (véxase Pereira 1909), onde é practicamente a única forma utilizada (cfr. tamén deslegar), xunto coa esporádica liar. Véxanse máis exemplos no Glossário d’Os sete tratados cartusianos (Lemos 2009: s.v. legar).

  • 7

    Marialva é unha vila do concelho de Meda, na rexión da Beira Alta. Aínda que Vuitoron non indica quen foi o responsable da entrega de Marialva, esta parecería ser atribuída aos Bezerra, como indica Oliveira: “o relevo atribuído pelo autor aos seis castelos da Beira interior [Monsanto, Marialva, Trancoso, Sortelha, Covilhã, Celorico] não parece fortuíto. Pelo contrário, ele mostra um particular conhecimento dos acontecimentos que se verificaram nestes castelos ao indicar apenas para eles, com excepção do de Marialva, os nomes dos respectivos alcaides, e ao introduzir aí a narrativa exemplar do alcaide de Celorico, da linhagem dos Pachecos, o único a opor-se aos intentos do conde e, por isso, a surgir como símbolo de fidelidade vassálica, em contraposição com a figura de Soeiro Bezerra e dos restantes alcaides nomeados. Este último afirma-se, por outro lado, como principal alvo de Vuitoron, que parece atribuir-lhe especiais responsabilidades pela quebra dos compromisos vassálicos verificada na região por parte de outros alcaides, entre os quais se encontra seu filho Rui Bezerra, alcaide de Trancoso. Na verdade, parece logo no primeiro verso, através do apelido familiar, cabendo-lhe a primeira referêrencia concreta em ligação com as “vendas” de Monsanto e Marialva referidas nas estrofes seguintes, que pareciam, assim, estar de alguma maneira sob a sua alçada, apesar de estar documentado somente com as alcaidarias de Pinhel [distrito da Guarda] e de Trancoso” (Ventura 2006: 233-234). Véxase, outrosí, Marcenaro & González (2024: s.v. Marialva).

  • 8

    Nótense os reiterados erros na abreviatura de (arce)bispo (<arcebpō> B, <artebrō> V, v. 8; <bpō> B, <urō> V, v. 32), en liña co que acontece, por exemplo, en UC 1327 (<Vrō> B, <urō> V, v. 13; <vrō> BV, v. 18) ou en UC 1611 (<brō> V, v. 1; <vrō> V, v. 5; <bpō> BV, v. 8; <bp’o> B, v. 22), con erros coincidentes cos da presente composición (véxase tamén <tp̄o> BV na rúbrica de UC 1471).
    A voz vesso (do lat. vĕrsum) ‘verso’ (tamén nos vv. 28 e 36) só volve aparecer en 1431.12. É palabra que se rexistra especialmente nalgunhas obras de tipo relixioso pola súa frecuente asociación aos versículos bíblicos: Cantigas de Santa Maria, Orto do Esposo ou obras haxiográficas (véxase CGPA, s.v. vesso ~ veso, uesso ~ ueso).

  • 9

    O verso latino Estote fortes in bello et pugnate cum serpente ‘Permanece firme na guerra e loita contra a serpente’ procede da antífona ad Magnificat II, no Breviarium Romanum: Estote fortes in bello et pugnate cum antiquo serpente, et accipietis regnum eternum. A intención de Vuitoron probabelmente foi relacionar este paso con outra pasaxe evanxélica, conforme afirma Díaz de Bustamante (2005: 393-395): Ecce ego mitto vos sicut oves in medio luporum. Estote ergo prudentes sicut serpentes, et simplices sicut columbae. Cavete autem ab hominibus. Tradent enim vos in conciliis, et in synagogis suis flagellabunt vos (Mat 10, 16-17; tamén no Breviarium Romanum, Commune Apostolorum, post lectionem I ad matutinum, in I nocturno).

  • 10

    Correia (2021) suxire que este verso se podería ler Por én diz que non é Torto quen faz traiçon e mente, cunha directa alusión ao arcebispo (v. 8) bracarense Joan Viegas de Portocarreiro, un axente importante no proceso de deposición de D. Sancho II. En calquera caso, este arcebispo tivo un papel decisivo nos feitos: “Escolhido e ¡outorgado’ pela igrexa para defender o reino, turbado e em guerra, o conde de Boulogne foi obrigado a prestar juramento. A autoridade eclesiástica que lhe «oferecia» o poder impunha-lhe condições. A 6 de Setembro de 1245 o infante Afonso jura em Paris, nas mãos do arcebispo de Braga, D. João Viegas de Portocarreiro, e de D. João Martins, capelão e procurador do bispo de Coimbra, impedido por doença. Presentes estão 17 testemunhas, entre as quais, como fiéis do príncipe, os cavaleiros (milites) Rui Gomes de Briteiros, Gomes Viegas [de Portocarreiro] e os camareiros do conde (camararii comitis) Pêro Ourigues e Estêvão Anes” (Ventura 2006: 71).
    Unha vez elevado a rei o Bolonhês, o arcebispo formará parte da súa curia, aínda que non deixou de manifestar o seu malestar perante algunhas inxustizas cometidas polo rei e polos seus oficiais, isto é, os que elevaran o conde a rei non estaban “satisfeitos” coas medidas que el adopta no comezo do seu reinado (cfr. Ventura 2006: 149 e ss).

  • 11

    Neste verso, igual que nos vv. 15 e 23, semella terse omitido a frecuente copulativa inicial, de modo que a súa presenza resolve o problema de hipometría con normalidade. Debe terse en conta que a omisión do enlace copulativo no inicio de estrofa é bastante frecuente nos manuscritos. Casos semellantes documéntanse en 42.15, 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

    Á fronte do castelo de Leiria estaba Martin Fernandes de Urgezes ou de Podentes, que pertencía a unha familia ligada por lazos de vasalaxe aos Riba de Vizela e que casou en 1244 en primeiras nupcias cunha filla do alcaide de Celorico, Gomes Peres da Ribeira. É sinalado como traidor e responsábel da entrega desta praza ao Bolonhês no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro: “E Afonso Furtado, filho de dom Fernam Furtado e de dona Guiomar Afonso, e neto de Giral Afonso de Resende, foi casado com dona Maria Gonçalvez, filha de Martim Fernandez, o que deu o castelo de Leiria a el rei dom Afonso quando era conde de Bolonha, e nom o quis dar a el rei dom Sancho, seu senhor, que lho dera, pero lho mandou pedir por homẽes filhos d’algo e por seu porteiro e per sa carta, e fez em ela dona Senhorinha Furtada e dona Leanor Furtada” (Mattoso 1980: II/1, 428).
    Esta entrega, segundo Ventura, non sería inmediata; antes ben, sería froito dun suborno, ofrecéndolle resistencia ao pretendente, que entrou en Leiria o 2 de abril de 1246, contrariamente ao que sinala o escarnio de Vuitoron e ao que foi a opinión xeral da crítica: “o facto de o alcaide de Leiria, Martim Fernandes de Urgezes, ou de Podentes, ter sido ‘subornado’ para ‘vender’ o castelo, prova que não o entregou logo de início. Com efeito, em Junho de 1246, estando o arcebispo de Braga, João Viegas de Portocarreiro, em Óbidos, in suo hospicio, vieram sobre ele o conde com o mestre do Templo e toda a sua curia, tomaram as suas cavalgaduras e não permitiram que fosse a Leiria, onde se propusera estar com o prior de Santa Cruz. Os castelos de Leiria e de Óbidos haviam-se sublevado contra o conde, o qual, pela “graça de Deus”, os conseguiu retomar. Por isso, a pesar de o inquérito da Sé de Coimbra levar a crer que clérigos e laicos de Leiria tinham aderido ao conde em virtude do mandato apostólico, terá havido alguma resistência pelo menos da alcáçova, tanto mais que o alcaide, Martim Fernandes de Podentes, vassalo dos Riba de Vizela, seria apoiante de Sancho II. O que terá acontecido devido à oposição que tanto o rei como Martim Gil de Soverosa e seus vassalos lhes oferecerem. Segundo a mesma fonte, prendiam, matavam e espoliavam dos seus bens a quantos conseguiam encontrar e nenhum podia sair de Leiria, não só por terem recebido o conde, mas sobretudo como vingança pela prisão de Vasco Gil de Soverosa (irmão de Martim Gil) e pela morte de Soeiro Gomes de Tougues e Lourenço Fernandes [de Gundar?]. 
    Esta violenta reação de Sancho II dever-se-á também ao facto de, pelo Verão de 1246, ter a rainha D. Mécia sido raptada quando estava con o rei na cidade de Coimbra. A acção teria sido executada por Raimundo Viegas de Portocarreiro, irmão do arcebispo de Braga, João Viegas, e de Gomes Viegas, que, em 1245, estivera presente ao Juramento de Paris [en que o Conde se comprometer a restabelecer a orde no reino e que marca, en definitiva, o inicio da guerra civil]. A rainha foi levada para Ourém, cujo castelo pertencia às suas arras, não conseguindo o rei, que a perseguiu, conquistá-lo” (Ventura 2006: 75-76).

  • 12

    O Esleito é o bispo electo (non confirmado). Nótese, no corpus das cantigas, a concorrencia dos diversos resultados de ellectum: eleito (UC 1611, vv. 2, 3 e 15), enleito (rúbrica de UC 1447). En calquera caso, a carón dos participios na lingua medieval rexístranse as correspondentes formas da mesma familia lexical: esleer, eslijçõ, esleeçõ...; enleger, enliçon ~ enlliçom...; eleger, eligir, eleiçon... (véxase CGPA, s.v.).

    O Esleito citado por Vuitoron podería aludir ao arcebispo de Braga, Joan Viegas de Portocarreiro, electo como arcebispo de Braga no ano 1244. Porén, este foi confirmado en 1245, exercendo ata 1255. Quizais, atendendo a este particular, se debe pensar que o trobador aluda a Don Tiburcio, electo bispo de Coimbra o 27 de maio de 1234, mais que demorará anos en ser confirmado, e que xogou un papel capital na deposión de Sancho II e na toma de poder por parte do conde de Boloña. Sendo “magister” e cóengo de Palencia, foi electo arcebispo de Coimbra en maio ou xuño de 1234, e coñecía moi ben as cuestións político-sociais de Portugal (Ventura: 2006: 73-74). 
    A crase en lh’o encobre o encontro da forma pronominal contracta lho co artigo o.

  • 13

    A frase latina utilizada por Airas Perez Vuitoron (‘En cima desta miña cabeza e encima desta miña capa’) trataríase, conforme afirma Díaz de Bustamante (2005: 395-398), dun texto acomodado a partir doutros varios: et ponent seniores populi manus super caput eius coram Domino (Lev 4, 15) e Diviserunt sibi vestimenta mea, et super vestem meam miserum sortem (...) et imposuerunt super caput eius causam ipsius scriptam (Mat 27, 35 e 37)1 . O sintagma super caput leva o estudoso compostelán a subliñar o carácter cerimonial do texto de Vuitoron e a relacionalo coa epithesis ou impositio manuum común a varios sacramentos, entre eles, a Confirmación e a Penitencia. E, sen dúbida, a presenza do Esleito (v. 12) non pode ser casual e mesmo habería que ler o texto do trobador á luz da Ordo consecrationis electi in episcopum, recollido no Pontificale Romanum, onde é de salientar a frase Sit fidelis servus et prudens (‘Sé servo fiel e prudente’).

  • 14

    Nesta composición reitérase o uso da grafía <ll> (<castello> B, v. 14; <esmollou> B, <smollou> V, v. 18; <castellꝯ> B, v. 39), grafía etimolóxica que se acha de forma esporádica nos apógrafos italianos en voces con /l/ procedente da lateral xeminada latina (ali, aquela e ela, bailada, castelo, cavalo, eles, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc.), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo (véxase nota a 6.32) e, finalmente, en voces coa secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

  • 15

    O verbo remiir (tamén en 1643.14 e 15) procede do lat. redimĕre ‘redimir’, con metátese –e troca consonántica– nun  primeiro momento, única forma de explicar o resultado medieval: rĕdĭmĕre > redimir > remidir > med. remiir (> remir) (véxase Lorenzo 1977: II, s.v. remiir).
    Na realidade, talvez existiu unha forma diverxente reemir, pois presenta unha ocorrencia nas Cantigas de Santa Maria:

             ... Ca nos reemiu
    Deus por sa mort’e resurgiu
    do sepulcr’a terçer dia (CSM 425.11).

    E na catrocentista Corte Enperial localizamos unha forma híbrida reemiir: 

    E depois foy enviado no mundo per Deus Padre e pello Spritu Santo reemiir a geeraçom humanal (cfr. CdP).

    Faria é unha localidade do concello de Barcelos, na rexión portuguesa do Minho. Lonxe do teatro das operacións militares que enfrontaran os partidarios de Sancho II e do conde de Boulogne, descoñécese quen estaba á fronte do castelo de Faria.

  • 15-16

    Na edición destes dous versos cabe considerar que a hipometría do v. 15 se resolva coa conxunción condicional que inicia o v. 16 (cun deslocamento por lapso de copia que se pode achar en diversas pasaxes dos apógrafos: 67.19-20, 337.7-8, 1366.12-13, 1437.7-8, 1462.11-12 etc.), de modo que a métrica e o sentido dos dous versos ficarían perfectos, tal como se propón na edición de Montero Santalla:

    Se o que vendeu Faria por remiir seus pecados    
    máis tevesse, máis daria; e disseron dous prelados: / ...

    Porén, o paralelismo construtivo do inicio de diversas estrofas xustifica a restauración da copulativa inicial no v. 15 e a sinalefa no v. 16.

  • 17

    Dous prelados enuncian a frase Tu autem, Domine, dimite (‘Ti, Señor, perdoa [aquel que se cofonde])": estariamos perante unha expresión “acomodada” que resulta da combinación dun rezo do coro procedente dos salmos (Tu, autem, Domine, ne elongaveris auxilium tuum a me; Psalm 21, 20) cunha outra frase que constitúe unha variación do Pater noster: Domine, et dimitte peccata servit tuis (Díaz de Bustamante 2005: 398).
    Por outra parte, nótese a variación e/ou vacilación cofonder / confonder (<cofonde> B, <confonde> V, v. 17; <cofonde>, <c(ō)ofonde> V, v. 19), en liña co que acontece ao longo das cantigas, pois, para alén da aparición de confunda en 115.27 (véxase nota), na lingua da poesía trobadoresca profana é xeral a forma cofonder, con evolución [nf] > [f] (véxase Ferreiro 1999: §101e), similar á variación inferno ~ iferno (véxase nota a 379.11), sendo minoritaria a forma máis conservadora confonder (só en 203.8, 216.10, 1050.5, 1224.15, 1407.6 e 1650.14). A variación cofonder ~ confonder aparece con frecuencia nos cancioneiros: cofonder A vs. confonder B (197.28, 216.19), cofonder B vs. confonder A (194.7, 203.8, 216.10), cofonder B vs. confonder V (990.11, 1050.12, 19 e 22), cofonder V vs. confonder B (990.12, 1224.15, 1650.14). Cfr. nota a 379.11.

  • 18

    Santarém, hoxe capital do distrito homónimo e integrada na rexión do Ribatejo, foi unha das cidades máis importantes do Portugal medieval. En 1245, o alcaide do seu castelo recoñeceu a autoridade do conde de Boloña, o futuro Afonso III de Portugal, que fora nomeado visitador e curador do reino en substitución do seu irmán Sancho II. Martinho Martins Dade, documentado posteriormente como alcaide de Santarém, podería ser o personaxe a quen se refire a tradición historiográfica. Véxase tamén Marcenaro & González (2024: 345, s.v. Santarem).
    Aínda que, en xeral, ao(s) computa metricamente como bisilábico, este encontro vocálico pode ser unisilábico (de modo semellante ao que acontece con aa(s), véxase nota a 73.21), como se pode atestar con seguranza noutras pasaxes do corpus (336.8, 725.3, 813.12 e 21, 17 e 26, 968.24, 1015.10, 1356.r2 e r4, 1364.1 e 7, 1398.7, 1497.18, 1532.24, 1629.11).

  • 19-22

    Nesta estrofa, o Conde de Boloña, que se converterá en Afonso III de Portugal, agradece a tres personaxes aparentemente ligados polo patronímico Diaz, talvez con relacións de parentesco entre eles, a entrega dos castelos de que eran responsábeis: Martin Diaz entrega o castelo de Covilhã, na Beira Baixa (vv. 19-20), alcaide de Covilhã; Pero Diaz cede Sortelha, en Sabugal, situado na Beira Interior (v. 20); e, finalmente, Fernan Diaz ofreceu Monsanto, na Beira Baixa. Véxase tamén Marcenaro & González (2024: 222, s.v. Martin Diaz;Pero Diaz).

  • 20

    Covilhã é unha cidade na portuguesa Serra da Estrela.

  • 21

    Tal como indicaron os primeiros filólogos que se aproximaron ao texto, Centuplum accipiatis (‘Recibiredes o céntuplo [de mão do Padre Santo]’) é frase que procede do evanxello (Mat 19, 29), que Xesús dirixe aos seus discípulos: Et omnis qui reliquerit domum, vel fratres, aut sorores, aut patrem, aut matrem, aut uxorem, aut filios, aut agros propter nomen meum, centuplum accipiet, et vitam æternam possidebit.
    O texto de Lopes suxire que de mano poida facer parte da expresión latina antecedente; non obstante, todo indica que a presenza de -n- na forma manuscrita <mano> de B (cfr. <mão> en V) é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 22

    Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente en B (vs. A) a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 71.6, 89.27, 182.26, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 184.15, 204.18, 207.11, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1497.30, 1625.1, 1652.2 e 1667.17. Véxase Ferreiro (2008a).
    Por outra parte, nótese a indubitábel presenza de oferir, que reforza o seu uso en UC 762.10 de Joan Garcia de Guilhade, por máis que no corpus trobadoresco conviva coa maioritaria forma oferecer. De calquera maneira, o verbo oferir ~ oferer (coa variante gráfica offerir ~ offerer) é sen dúbida pouco usado na lingua medieval, que prefire oferecer, como mostran os datos subministrados polo CGPA. Para alén de quince ocorrencias nas Cantigas de Santa Maria, só achamos tres documentacións, todas elas temperás, do século XIII, data en que debeu ser substituído pola forma incoativa: 

    a uos, ffrey Pááyo, veſtiaro de Subrado ĩ uoz τ ĩ nome de Don Johan Perez, abbade de Subrado, τ du conuẽto deſſe meeſmo lugar, damos τ offeremos au dito abbade τ conuento τ a Deus τ ad Santa Maria τ ad ſuas uirtudeſ (doc. de 1262).

    Cunusçuda cosa sea aos que sum τ aos que am de uíír. Que eu .Domingo. domĩgit ĩ un cũ mya moler blãca stiuayt. offerimos nossos corpos τ nosas almas a sancta maria de fferreira de palares (doc. de 1263).

    et se este herdamento mais ual oferimollo et damollo por nossas almas a este moesteiro sobredito (doc. de 1285).

    Neste verso, Fernan Diaz afirma que ofreceu o castelo de Monsanto ao conde de Boloña. Como sinalan Marcenaro & González (2024: 116–117, s.v. Fernan Diaz₁; e Fernan Diaz₂), cómpre distinguilo do homónimo satirizado no ciclo dos supostos oficiais de xustiza, ao que pertencen UC 1499 e 1500.

  • 23-24

    Roi Bezerro, que entrega o castelo de Trancoso, na Beira Alta, é fillo de Sueiro Bezerro, que quere sacar o filho d’erro, talvez unha alusión á autoridade paterna (‘Non pode o meu fillo facer nada sen seu pai’), principal responsábel da entrega dos castelos ao futuro Afonso III.

  • 25

    O texto “acomodado” (hipermétrico) de Vuitoron sen dúbida é unha refacción procedente de Iohann 5, 19: non potest filius a se facere quidquam, nisi quod viderit Patrem facientem: quaecumque enim ille fecerit, haec et Filius similieter facit (Díaz de Bustamante 2005: 398-399).
    A fonte latina certifica, por outra parte, a lección certa de V (filius meus) en face de B (filia mea) que, ademais, evita o problema de hipermetría, sen que a xustificación lapiana, contra a lección de V, sexa aceptábel: “Aquele filius meus foi deturpação dum escriba desatento, que não advertiu na impropriedade da designação referente a um alcaide fora da tutela do pai. Usando muito de propósito a forma feminina, quer Vuitoron significar e flagelar a cobardia mulherenga do filho (= filha) de Soeiro Bezerra. É uma frechada de mestre”. E Lopes insiste: “Sigo, como Lapa, a lição de B, entendo-a como uma feminização voluntária, forma irónica de aludir à cobardia de Rui Bezerro”.

  • 26

    O verbo isopar (tamén isopen no v. 42), utilizado nesta composición con sentido relixioso (‘consagrar con hisopo’), constitúe a primeira documentación deste termo, derivado de hisopo (do lat. hyssopum; véxase Corominas & Pascual 1980-1991: s.v. hisopo), unha planta aromática da familia das labiadas. Hai que esperar ao século XV para achar as seguintes ocorrencias no Livro de Falcoaria do Emperador Enrique d’Alemanha e mais na obra de Gil Vicente (véxase CdP, s.v.).

  • 27

    Sintra é un municipio próximo a Lisboa, cun castelo que contribuía á defensa da capital.

  • 28

    Talvez o legado (o nuncio papal) sexa o arcebispo de Braga, Joan Viegas de Portocarreiro, anteriormente aludido (vv. 8, 10), para executar a bula da deposición de Sancho II.
    A forma Salteiro ten un uso compacto na lingua medieval conforme os datos do CGPA, onde só se rexistran dúas ocorrencias de salterio nun documento de 1419.

  • 29

    A fonte de Sagitte potentis acute foi desvelada desde as primeiras edicións: Sagittæ potentis acutæ, cum carbonibus desolatoriis (Psalm 119, 4) ‘As agudas frechas do guerreiro e mais brasas devoradoras’. No entanto, Díaz de Bustamante (2005: 399-400) foi alén ao relacionar a cita do salmo cun texto xeremíaco: sagitta eius quasi vid fortis interfectoris: non revertetur vacua (Hier 50, 9); isto é, ‘a sua frecha é como a espada dun poderoso matador: non voltará vacía’.
    Por outra banda, é de interese sinalar a variación foi (B) / fui (V) para a P3: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī latino final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 30

    A métrica indica que existe unha sílaba excedente no verso, que ben pode ser a preposición de na construción melhor é de seer traedor ca morrer escomungado, en que este elemento gramatical introduciría o suxeito como unha cláusula subordinada. A pesar da coincidencia de BV, semella conveniente a súa expunción. Para a presenza anómala de de noutros puntos dos cancioneiros, véxanse 140.27 e 283.4 (B vs. A) ou 1053.r1 e 1486.15 (B vs. V), para alén de, por exemplo, 486.8 e 14.

  • 31-32

    A rima Celorico : bispo constitúe unha rima defectuosa que, dificilmente clasificábel, forma grupo con outras diversas como as seguintes: nemiga : preitesia (494.7.8), 1118.10-12 (medo : Pero), 1360.22-26 (voda : rengelhosa : fremosa), 1546.23-28 (senhora : Çamora : Gomorra) ou merecedes : franceses (1615.5-6). Véxanse notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6 e 698.5-6.

  • 31-34

    Na cantiga de Airas Perez Vuitoron esta é a única referencia a un alcaide (Fernan Rodriguez Pacheco) e unha fortaleza (Celorico, entre as cidades de Viseu e Guarda, na Beira Alta) que non foi entregada ao usurpador, como recolle Fernão Lopes na sua Crónica de D. Fernando: “de dom Rrui Perez de Ferreira, que era bisneto de dom Geremias, e de dona Tareija Perez de Cambra naceo o mui boom cavalleiro Fernam Rrodriguez Pacheco, que teve o castello de Cellorico, quando o conde de Bollonha veo por rregedor d’este rreino” (Macchi 2004: 279). No Projeto Littera (s.v. Fernão Rodrigues Pacheco), que recolle a información da Crónica de 1419, indícase que Pacheco só entregou o castelo após a morte de D. Sancho en Toledo, e recóllense as narracións lendarias sobre a súa tenaz resistencia. Véxase tamén Marcenaro & González (2024: s.v. Pacheco; Celorico).

  • 32

    O indefinido ũu (e tamén algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 33

    Mitte gladium in vagina (Iohann 18, 1) ‘Mete a espada na vaíña’ é o que Cristo dixo a Pedro cando este quería cortar a orella a un lexionario romano no momento da prisión de Xesús, citación evanxélica así recoñecida desde as primeiras edicións.
    Empeescas é P2 de presente de subxuntivo de empeecer (do lat. impedĭscere) ‘empecer, pór obstáculos, danar’.

  • 34

    O verbo peer, como voz escatolóxica, e tal como outras voces pertencentes ao ámbito sexual (caralho, cono, foder etc.), non parece ter abandonado o ámbito da oralidade para o texto escrito, agás nas cantigas satíricas, única produción en que se acha. Peer, do lat. pedĕre ‘peidear’ mantén este significado tamén en 474.2, 1427.10 e 1529.6 e 27 (véxase, porén, nota a 1390.6 para o valor de ‘agonizar, morrer’). En calquera caso, peer nunca traspasou o ámbito das cantigas, e non foi recollido na lexicografía histórica portuguesa (véxase CLP, s.v.).
    Crescas levanta un problema de interpretación, xa manifestado en Lapa, que non considera o verbo crecer: “Não está claro o sentido de crescas. A interjeição Crescas ou Grescas significava em textos medievais: Vamos à luta! Sendo assim, o sentido do verso talvez seja este: «Diz Pacheco: –Ide a outro lugar, Conde, e espeidorrai-vos com medo onde vos chamem à luta!». Esta é a interpretación que tamén Littera acolle, mentres que Lopes opta por editar Crestas!, tamén considerada unha interxección medieval co sentido de “ao ataque!”. Por súa parte, Corominas non acepta a interpretación lapiana: “Acusa el poeta al conde de traidor y cobarde (peede) y le compara con un judas llamándole Crescas, nombre judío por excelencia” (Corominas & Pascual 1980-1991: s.v. gresca).
    Non obstante estas consideracións, a realidade é que nos bancos de datos lexicográficos non achamos restos desa interxección nin dese nome xudeu (só localizamos Cresques, no ámbito catalán, como nome e/ou apelido xudeu). É por isto que consideramos que crescas ben pode ser P2 de presente de subxuntivo de crecer polo contexto da pasaxe: o resistente Pacheco frea as pretensións do conde de Boloña dicíndolle que se vaia peidear por aí cando alguén lle diga que avance ou multiplique o seu poder (coa entrega dos castelos). Ademais, non é rexeitábel pensar que subxaza unha alusión bíblica, con referencia ás palabras dirixidas a Rebeca por seus irmáns: Dimiserunt ergo eam, et nutricem illius, servumque Abraham, et comites eius, imprecantes prospera sorori suae, atque dicentes: Soror nostra es, crescas in mille millia, et possideat semen tuum portas inimicorum suorum (Gen 24, 60).
    Nótese, ademais, que a presenza das formas do presente de subxuntivo de crecer son moi frecuentes na produción medieval (véxase CGPA, s.v.), para alén de se rexistrar en Pero da Ponte: 

    Dade-m’alvissara, Pedr’Agudo,
    e cresca-vos ende gabo (1641.8).

  • 35

    Lapa e Lopes omiten a preposición a que introduce un CD (maldisse a ũa velha), presenza certamente anómala desde o punto de vista da sintaxe (cfr. nota a 187.5 ou 225.2); con todo, neste caso pode subxacer en maldizer o sentido de “dizer mal”, que explicaría a presenza de a (neste caso con CI), que metricamente se resolve cunha sinalefa.

    Como subliñan Marcenaro e González, no contexto da cantiga non está claro se Airas Soga debe ser incluído entre os gobernadores que entregaron os seus castelos ao Conde usurpador, o futuro Afonso III de Portugal. Canto á identificación do personaxe, probabelmente sexa “un individuo appartenente alla famiglia galega dei Soga, forse l'A iras Perez Soga presente in documenti degli anni 1242-1250 riferiti a localita della provincia di Pontevedra” (Marcenaro & González 2024: s.v. Airas Soga).

  • 36

    A variación gráfica un / ũu (e algun / algũu) rexístrase nun número limitado de contextos, en xeral coa forma un en B fronte a ũu en V, como acontece neste verso: algun <algū> A, <algūu> B (130.15); un <hun> B, <huū> V (938.14, 1324.1 e 2, 1332.4, 1333.1, 1336.1, 1384.2, 1387.18, 1450.2 e 11) e <hū> B, <huū> V (1119.3 e 6)2 , xunto con ũu <huū> B, <hū> V (1641.11); <huū> B, <hun> V (1649.8); <uū> B, <un> V (1663.6).

    A forma clerizia (tamén en 1340.11) convive no corpus coas variantes crerezia (917.3) e crerizia (888.43).

    Pero Soarez é personaxe sen identificar, por máis que no Projeto Littera se apunte á posibilidade de que sexa Pero Soarez de Briteiros, “primo direto do célebre Rui Gomes de Briteiros” (Projeto Lítera, s.v. Pero Soares). 

  • 37

    Este verso latino de Vuitoron permanece até agora escuro, sen que os diversos achegamentos que historicamente se produciron fornecesen resultados esclarecedores. A aproximación máis acaída é a de Díaz de Bustamante (2005: 400-402), que o pon en relación cun texto profético: vinea confusa est, et ficus elanguit, malogranatum, et palma, et malum et omnia ligna agri aruerunt, quia confusum est gaudium a filiis hominum (Ioel 1, 12) ‘a vinha confúndese, e a figueira murcha, a milgranda e a palmeira e a maceira e todas as árbores do campo secan, porque se confunde a alegría dos fillos dos homes’. Alén desta relación, é difícil precisar a orixe e significado exacto do texto pseudolatino de Vuitoron, moi probabelmente composto con intencións paródicas para ridicularizar o pedantismo clerical (“vesso per clerizia”).

  • 38

    A resistencia na entrega do castelo por parte de Pacheco leva consigo que Soeiro Bezerra non poida ser alcaide de Celorico.

  • 41

    Mostrada en escrito, esta citación latina (‘por encima do fogo eterno e do poder divino’) alude á bula Grandi non inmerito, bula papal de deposición de Sancho II, “pero no evoca directamente su texto, sino a algo que está en él, algo capaz de disuadir a quien quisiera ir contra el Conde de Bolonia, aún no rey Alfonso III, y sus no menos despreciables que todopoderosos fautores: la amenaza de excomunión mayor o anathema (...) es la más sibilina acomodación de un texto que conozco, el texto a que me refiero es, ni más ni menos, el del Ordo excommunicandi tal como aparece, por ejemplo, en el Pontificale Romanum” (Díaz de Bustamante 2005: 402-403). 

  • 42

    A locución conxuntiva condicional a preito (tal ~ atal) que significa ‘a condición de que’.

  1. ^

    A última frase é citación literal de Psalm. 21, 19.

  2. ^

    No v. 3: <hū> B, <hauī> V.

Cerca
    Nessun risultato trovato