1374 [= RM 87,3]
Á Dona Maria soidade

Est’outro cantar fez a ũa dona casada que avia preço con ũu seu omen, que avia nome Franco.

Á Dona Maria soidade,
á Dona Maria soidade,
ca perdeu aquel jograr
dizendo del ben, e el non o achou,
que nen un preito del fosse mover
nen ben nen mal, e triste se tornou.
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 1356, V 964

Edições


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 407); Pellegrini (1969: 38 [= LPGP 590]); Lagares (2000: 156 [rúbrica]); Lopes (2002: 284); Littera (2016: II, 61).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 329-330); Braga (1878: 181); Machado & Machado (1958: VI, 91); Lapa (1964: 16); Souto Cabo (2012c: 133).

Variantes manuscritas


Rúbrica: ũa dona] huna dona B : huā doā V; ũu] hūn B

Texto:
5 un preito] hu p’eyto B

Variantes editoriais


Rúbrica: ũu] un Lapa : um Lopes, Littera

Texto:
En Pellegrini o v. 4 divídese en dous versos curtos
1 Á Dona Maria] A dona Maria [á] Lapa, Lopes, Littera   2 á Dona Maria] a dona Maria [á] Lapa, Lopes, Littera   4 non o achou] non achou Lapa : nom achou Lopes, Littera   5 nen un] nẽum Littera

Paráfrase


Fixo estoutro cantar a unha dona de quen dicían que andaba enleada cun seu vasalo, que se chamaba Franco.

(I) Ten Dona Maria soidade, ten dona María soidade, porque perdeu aquel xograr falando ben del, e non o achou, de modo que nin para ben nin para mal fose intervir en ningún dos seus asuntos, e entristeceuse.

Métrica


Esquema métrico: 9’a 9’a 7b 10c 10d 10c

Encontros vocálicos: 1 so·i·da·de; 2 so·i·da·de; 4 *e‿el

Notas


Rubrica
  • Nótese na rúbrica a variante gráfica <doā> de V para dona, caso que se suma a un limitado número de grafías deste tipo no corpus, en que a consoante nasal explosiva é abreviada: se mi-a <sēha> B vs. <se mia> A (225.2), se mi ar <ssẽhar> B vs. <ssemhar> V (377.6=r2), com’estes <cō estes> V vs. <com estes> B (925.7), descomunal <descōunal> B vs. <descomunal> V (497.9), e meu <ē eu> B vs. <e meu> V (1176.16), Estava-m’en <Estauā en> B vs. <Estauam eu> V (1219.1), dona <doā> V vs. <dona> B (1237.34), com’eu <cõ eu> B vs. <com eu> V (1593.6 [= r2]), dona <dō a> BV (1664.3). É máis frecuente o proceso inverso: o -n- como unha marca de nasalidade vocálica (<bona> bõa, por exemplo). Cfr. nota a 25.5.
    Non existen datos sobre o omen de Dona Maria, cuxo nome pode ocultar un xogo polisémico con franco ‘francés, franco’ e tamén ‘sincero, leal’ xunto co significado de ‘xeneroso’, como indican Marcenaro e González (2024: s.v. Franco).

Texto
  • *

    A lacuna existente no v. 3 impide coñecermos a estrutura métrica definitiva desta cantiga (talvez incompleta), feito que explica a diferente disposición dada por Pellegrini ao verso.

  • 1-2

    Fronte a Lapa (e Lopes e mais Littera), que acrecentan unha forma verbal á ~ , preferimos seguir Pellegrini e respectar o texto manuscrito, léndomos como verbo o <a> inicial dos dous primeiros versos, que, dese xeito, acada unha medida de nove sílabas graves que é condicente coa medida de dez sílabas agudas dos vv. 4-6.
    Non existen elementos obxectivos que permitan a identificación desta Dona Maria, que se suma a outras que ao longo das cantigas teñen o mesmo nome. En calquera caso, o uso do dona apuntaría cara á condición aristocrática desta muller.

  • 3

    Nas anteriores edicións considérase a existencia dunha lacuna textual no final deste verso. Porén, o texto pode ser lido sen esa lacuna, e o carácter fragmentario do texto non permite certificar un esquema métrico seguro.

  • 4

    Na interpretación que propomos (Dona Maria como suxeito de toda a composición), necesariamente el (v. 4) ten de ser lido como CD sen preposición a, tal como acontece con relativa frecuencia ao longo do corpus trobadoresco.

Procurar
    Não foram encontrados resultados